O Compos cae en Pasarón contra o líder

19 de Xaneiro de 2025
Fer Cano, un dos destacados do Compos, pelexa por un balón contra un rival.
Rabanillo volveu ter paradas de mérito, pero non puido facer nada nos goles locais.
Santi de Prado, incansable nas súas subidas pola banda do Compos, non tivo fortunada cos seus centros.
Selasi volveu ao once do Compos tras cumplir sanción no último duelo.
  • Os nosos mantivéronse no encontro ata os minutos finais, nos que os locais sentenciaron

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2025

A SD Compostela non puido sacar nada positivo da súa visita a Pasarón. Os nosos chegaron a igualar a contenda na segunda metade, pero o Pontevedra respondeu rapidamente para levar os tres puntos. Xa no desconto, dous goles locais cando o Compos estaba envorcado, selaron o 4-1 final.

Na primeira metade, o Pontevedra dominou por completo a posesión do esférico ante un Compos repregado con dúas liñas de catro ben plantadas. Aínda que non conseguían roubar, os nosos tampouco pasaban excesivos apuros atrás. Con todo, nunha acción cun chisco de fortuna, un disparo desde a frontal quedou morto na área tras tocar nun defensa e Charly, moi atento, adiantábase a todos para fusilar a Rabanillo. 1-0 co que se chegou ao descanso.

Na segunda parte, o Compos cambiou o debuxo, volveu xogar con carrís e a aposta non puido saír mellor. Comezaron a pisar máis campo rival, a chegar á área e acabou chegando o gol. Unha subida de Manu Rivas, recentemente entrado, propiciou o tanto do empate. O xogador branquiazul subiu a banda, tentou un pase da morte para o debutante Iker Gil que foi cortado por un defensa, pero o rebote quedou a pracer para marcar a portería baleira. 1-1.

Eran os mellores momentos branquiazuis, pero rapidamente chegou a resposta do líder. Tiro cruzado de Yelko Pino e 2-1. Tocou volver remar e repuxéronse os nosos, que tiveron de novo o empate na cabeza de Manu Barreiro, pero o seu croque, á saída dun córner, sacouno un defensa na liña.

Con esa vantaxe mínima, chegouse aos minutos finais, no que o Compos arriscou máis para buscar o gol. A súa ocasión, no 88, un centro de Manu Rivas, de novo vencedor pola banda, ao que non chegou Iker Gil por moi pouco.

Foi a última, xa que no desconto chegaron dous novos goles locais. Primeiro, Dalisson, aproveitando unha contra; e despois Rufo, quen recibiu nunha posición moi discutida polos nosos.

Tras esta derrota, o Compos segue en duodécima posición, con 23 puntos. Tras enfrontarse aos dous primeiros, agora tocará mellorar os números nos próximos partidos. O primeiro, este próximo domingo, ás 12.00 horas, contra o Deportivo Fabril no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

4 – Pontevedra CF: Edu Sousa; Fontán, Garay, Mario Gómez (Igor, min.81), Héctor (Brais Abelenda, min.66); Rares, Yelko Pino; Xabi Domínguez (Rufo, min.76), Dalisson, Álex González; e Charly (Iago Novo, min.66).

1 – SD Compostela: J. Rabanillo; Roque, David Soto, Pablo Crespo, Ocaña (Manu Rivas, min.64); Santi de Prado, Álvaro Casas (Samu, min.46), Selasi (Trasi, min.61), Fer Cano; Hugo Matos (Iker Gil, min.61) e Carlos Cinta (Manu Barreiro, min.39)

GOLES: 1-0: Charly, min.26; 1-1: Manu Rivas, min.65; 2-1: Yelko Pino, min.67; 3-1: Dalisson, min.89; 4-1: Rufo, min.90+5.

ÁRBITRO: Sánchez Ingidua (Salamanca). Amoestou a Álvaro Casas, Selasi, Pablo Crespo e Manu Rivas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal de Pasarón (Pontevedra). Xornada 19 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 4.000 espectadores. Gran ambiente nas bancadas cun nutrido grupo de afeccionados da SD Compostela.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Estamos no primeiro tramo da Campaña de Abonos 26/27 “O Camiño do Norte”, exclusivo para RENOVACIÓNS👉 RECORDA, co teu abono, entras gratis este sábado ás 20:00h ao amigable contra o DéporNa Oficina, na tenda ou en liña🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com+ℹ️ sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-26-27-gal/🗓️ Este primeiro tramo, no que se renova tamén o asento, está aberto ata o 27 de xullo#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas xa vendidas para o amigable do sábado contra o Real Club Deportivo de La Coruña 🏟️ Faite coas últimas localidades de Preferencia antes de que se esgoten!!! Despois, habilitarase Fondo Norte🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🩵🤍 Recorda que os Abonados 26/27 teñen a entrada gratuíta co seu abono 📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀🔜 Con Carlos de Lerma á fronte, iniciaremos os adestramentos este mércores 15 de xullo⚽️ 8⃣ semanas de preparación nas que disputaremos entre 6 e 8 amigables🏟️ O primeiro, este sábado 18, ás 20:00h, contra o Real Club Deportivo de La Coruña no Vero Boquete#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Samu, unha lenda do Compos, despídese do verde de San Lázaro©️ O noso capitán, tras 🔟 tempadas e 274 partidos oficiais defendendo con honra a nosa camiseta, pasará aos despachos para formar parte da secretaría técnica do clubEres xa unha parte do noso escudo! Estaremos eternamente agradecidos!𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘚𝘢𝘮𝘶! 𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘊𝘰𝘮𝘱𝘰𝘴!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/12/despedida-compos-lenda-samu/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Unai Peón seguirá crecendo co Compos na #SegundaFederación⚽️ Aos seus 22 anos, o talentoso mediocentro, que chegou no pasado mercado invernal, dará un paso máis na súa carreira ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/11/unai-peon-compos-26-27/📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.