Fausto Tienza, liderado, experiencia e poderío para o centro do campo

31 de Xaneiro de 2025
  • O mediocentro Fausto Tienza, con pasado en Primeira e Segunda División, chega da UD Ibiza, de 1ª RFEF

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

Fausto Tienza Núñez (Badaxoz, 08/01/1990) é novo xogador da SD Compostela. O experimentado mediocentro, de 35 anos, con pasado en Primeira e Segunda División, chega tras unha tempada e media na UD Ibiza, de 1ª RFEF. Firma ata final de tempada.

Fausto Tienza achegará á medular do Compos liderado, experiencia e poderío, calidades estas que o levaron a ter unha exitosa e longa carreira no fútbol profesional español.

O novo xogador compostelanista chega a Compostela tras tempada e media na UD Ibiza, coa que disputou 40 partidos, un deles de Playoff de Ascenso a Segunda, marcando tres goles e sendo un dos capitáns do equipo insular.

Esta foi a última experiencia dun xogador formado na canteira do Valencia e que conta cunha extensa traxectoria por clubs do noso país. Debutou como sénior nas filas da Nucia, pasando posteriormente por Caravaca, La Muela, Melilla e o filial do Betis, equipo co que debutaría en Primeira División.

Tras esa breve experiencia en Primeira, ficharía pola AD Alcorcón, disputando dúas campañas en Segunda División nas que daría un gran rendemento, o cal lle abriu as portas do Osasuna. Co cadro de Pamplona, disputaría unha tempada en Primeira División e media en Segunda, disputando a outra media no Cádiz. E de Cádiz marchou ao Extremadura, tamén da categoría de prata.

Tras destacar na súa terra, ficharía polo Panathinaikos, da liga grega, equipo no que só estaría media tempada, antes de regresar a España para fichar polo Nàstic de Tarragona. Alí estivo outra campaña e media, fichando o verán do 2021 polo Racing de Santander, sendo un líder dentro e fóra do campo para lograr o ascenso a Segunda División e asentarse ao curso seguinte na categoría. Esa sería a súa última experiencia antes de fichar no Ibiza.

Por iso, o Compos faise cos servizos dun futbolista de nivel, con 20 partidos en Primeira División, 123 en Segunda División e 177 entre Segunda División B e Primeira Federación.

Tras asinar o seu contrato, e previo recoñecemento médico, Fausto Tienza sumarase aos adestramentos do equipo o vindeiro luns.

Benvido, Fausto!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
♻️ Selo #ecompos 🏟️ Grazas á nosa colaboración con Ecoembes, fomentaremos a reciclaxe nos nosos partidos no Vero Boquete 🚮 A asociación posibilitará a presenza de contedores azuis e amarelos nos encontros do Compos como local 📸 Esta semana, selamos o acordo no Estadio coa presenza de Bruno de Llano Gómez Ulla, especialista en gestión local y autonómica de #ecoembes en Galicia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, derbi na nosa casa para recuperar a senda do triunfoPatrocinado por Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud 🤝🩵🤍 ⚽️ 𝐗𝟏𝟏🆚 CF Noia 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Xeral: 12€ | Menores de idade: 2€📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud, novo responsable dos servizos médicos integrais do Compos 👉 O centro sanitario compostelán, do Grupo SCQ Salud e situado na praza de Galicia, coidará do benestar dos nosos xogadores 👨‍⚕️ Están especializados nunha atención médica integral de calidade e contan cun grupo de profesionais altamente cualificados Benvidos ao Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza a semana de traballo para preparar un novo partido na nosa casa🏟️ Entre as sesións, os nosos terán mañá un amigable contra a Selección Real Federación Galega de Fútbol - Futgal en Ordes#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.