As áreas condenan ao Compos en Langreo

3 de Febreiro de 2025
Celebración de Santi de Prado tralo seu gol contra o Langreo.
Celebración do Compos tralo seu gol.
Markitos, fichaxe do Compos, debutou como titular e foi un dos máis activos en Langreo.
Ocasión de Santi de Prado, no segundo tempo, que se atopou coa acción de Santi de Prado.
  • Os branquiazuis foron superiores ao Langreo, con numerosas ocasións para gañar, pero acaban perdendo 2-1

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2025

A SD Compostela non puido sumar, a pesar de merecelo, ningún punto en Langreo. Os branquiazuis foron superiores ao seu rival, contaron con numerosas ocasións a favor, pero o acerto nas áreas volveu condenar ao equipo adestrado por Antón Permuy.

Con Markitos como titular e moi activo no ataque, o Compos saltou mellor ao estadio Ganzábal. Encerrando ao seu rival, os primeiros avisos chegaron pronto. Santi de Prado tívoa de volea no sete e Markitos no vinte. A nova fichaxe compostelanista tívoa aínda máis clara xusto antes da media hora, pero o remate ao centro de Santi estrelouse no pau, cando o porteiro xa estaba superado.

Con todo, tanto foi o cántaro á fonte que acabou rompendo. Centro de Markitos ao segundo pau, toque de cabeza de Manu Barreiro e Santi de Prado remachou a porta baleira, tamén coa súa testa. Era o premio ao visto no campo e o segundo gol do carril na tempada.

Con todo, cando parecía que se chegaría ao intermedio con vantaxe do Compos, na última xogada, os nosos encaixaron un gran golpe. Tanto de Breñé, tras un saque de esquina, na primeira aproximación local.

A pesar do golpe, tralo intermedio, o Compos volveu saltar concentrado e incisivo. Aínda que non atopaba o acerto no último pase, á hora de partido tería as súas en dúas opcións seguidas. Primeiro, Santi de Prado atopouse co corpo de Adrián Torre nun man a man e, dous máis tarde, Ocaña mandouna rozando o pau.

Pasaban os minutos e parecía que estaba máis preto o tanto do Compos, pero o que chegou foi un novo golpe dos locais. Nun mal despexe desde a liña de fondo, no 85, a pelota quedou franca na frontal para Lucas Suárez, que a rebentou á escuadra, imposible para Rabanillo.

Este segundo tanto fixo moito dano aos nosos, que non puideron reporse, aínda que o seguiron tentando ata o final.

Unha dura derrota que non embaza o bo traballo realizado sobre o céspede. Aínda que non se sumou ningún punto, mantendo este estilo as vitorias estarán máis preto. E para iso, este próximo domingo ás 17.00 horas, os nosos queren gañar, si ou si, contra o Marino de Luanco na casa.

FICHA TÉCNICA

2 – UP Langreo: Adrián Torre; Ordóñez, David Fernández, Álex Menéndez, Enol Rodríguez (Lucas Suárez, min.69); Guille Cueto (Omar Álvarez, min.63), Joselu Guerra, Sergio Orviz, Pablo Álvarez (Bryan Reyes, min.89); Breñé e Pablo Ares.

1 – SD Compostela: J. Rabanillo; Roque, David Soto, Pablo Crespo (Álvaro Casas, min.77), Ocaña; Selasi, Pablo Antas; Santi de Prado (Manu Rivas, min.72), Fer Cano (Hugo Matos, min.38), Markitos; e Manu Barreiro.

Goles: 0-1: Santi de Prado, min.44; 1-1: Breñé, min.45+4; 2-1: Lucas Suárez, min.85.

Árbitro: Munárriz Mateos (Navarra). Amoestou a Joselu Guerra, David Fernández e Ordóñez, polo Langreo.

Incidencias: Estadio Novo Ganzábal (Langreo). Xornada 21 do Grupo 1 da Segunda RFEF. Os xogadores de ambos equipos portaron un brazalete verde con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🙌🫂 Esta tarde, entra con tempo ao Estadio para evitar colas e apoia aos nosos desde o primeiro minuto!!!Apertura do Despacho de Billetes e de Portas: 17:15 horasAcceso: Tribuna - 2 e 16 | Preferencia - 9 (dobre apertura)💪🩵🤍 A remontada comeza na bancada!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🤝 TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste 🩵🤍✅ O transcendental duelo de play off desta tarde no Vero Boquete está patrocinado pola empresa ambiental🙌 No seu compromiso co territorio, apoio o noso proxecto e patrocina aos nosos porteiros🫂 Moitas grazas por estar aí!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Coa vosa forza, a pola remontada na nosa casa!!!🆚 @Atlético Arteixo 🕡 18:30 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 O Vero Boquete ten que ser un fortín!!🙌 TODOS XUNTOS DESDE O INICIO!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.