Carlos Pérez, un reforzo de calidade para o ataque do Compos

4 de Febreiro de 2025
  • O mediapunta Carlos Pérez chega libre tras disputar a primeira parte da tempada no Sabadell

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025

Carlos Pérez Sánchez (Almàssera -Valencia-, 05/02/2000) é novo xogador da SD Compostela. O terceiro reforzo invernal do equipo branquiazul chega libre tras desvincularse do seu último club, o CE Sabadell. Firma ata final de tempada.

Carlos Pérez é un atacante que destaca pola súa calidade, a súa capacidade asociativa, así como pola súa habilidade para dar o último pase. Ademais, trátase dun futbolista que, a pesar da súa mocidade, conta cunha importante experiencia en Segunda B-Primeira Federación.

A Compostela chega coa premisa de axudar ao equipo no xogo ofensivo, achegando calidade e pase para o bo facer do Compos, demostrando toda a calidade que atesouran as súas botas.

A nova fichaxe do Compos aterra na capital galega tras unha primeira parte da campaña na que disputou trece partidos co Sabadell de Segunda Federación, once de Liga e dous de Copa Catalunya, nos que logrou un gol e unha asistencia.

Formado nas categorías do Levante e do Valencia, disputando mesmo a UEFA Youth League co cadro ‘Che’, Carlos Pérez deu o salto ao fútbol sénior co Valencia Mestalla, de Segunda B. Serían dúas campañas nas que xogou 23 partidos. Posteriormente, ficharía no Alzira, co que disputou 32 partidos e marcou un gol.

Este gran rendemento abriulle as portas da canteira do Granada, sendo peza capital do ascenso do seu filial a Primeira Federación. No seu primeiro ano, xogou 34 encontros e marcou 3 goles, axudando ao equipo ao salto de categoría, sendo titular nos catro duelos do playoff. E xa en Primeira RFEF, volveu ser moi protagonista, xa que disputou 31 partidos, nos que marcou un tanto e repartiu dúas asistencias. Esta sería a súa última experiencia antes de fichar polo Sabadell.

Carlos Pérez, tras asinar o seu novo contrato, xa está a viaxar para Santiago e mañá unirase aos adestramentos da SD Compostela para poder estar xa dispoñible esta próxima fin de semana, se o corpo técnico así o decide.

Benvido, Carlos!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.