O Compos anímase cunha vitoria con goles na casa

9 de Febreiro de 2025
Markitos marcou o primeiro do Compos e tamén o seu primeiro coa camiseta branquiazul
Carlos Pérez debutou como xogador do Compos como titular
Hugo Matos foi o MVP do partido cos seus dous goles.
Celebración de Santi de Prado tralo gol contra o Marino de Luanco
Fausto Tienza tamén debutou co Compos
Hugo Matos celebra á bancada un dos seus goles
  • O Compos superou por 4-2 ao Marino de Luanco, cun decisivo Hugo Matos, nunha tarde chuviosa e chea de goles

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2025

Vitoria máis que necesaria para un Compos que, por fin, pode celebrar un triunfo neste 2025. Triunfo na casa contra o Marino de Luanco, 4-2, nun duelo no que os nosos foron unha apisoadora en ataque. Tres puntos que dan aire ao equipo para saír do descenso, cun partido menos, e que permiten encarar as seguintes xornadas con mellor ánimo.

A vitoria do Compos comezou fraguándose nos primeiros minutos, aínda que o desenvolvemento non foi como se podería prever tralo primeiro gol da tarde.

Aos 7 minutos, Markitos estreábase na casa da mellor maneira. Primeira acción de perigo e primeiro gol. O outro día mandouna ao pau e hoxe non perdoou. Controlou na área o centro de Ocaña e superou, co seu segundo toque, a saída de Dennis. 1-0.

Con vantaxe, rozou o segundo o propio Markitos, pero aí chegou unha desconexión local e o Marino de Luanco deulle a volta ao partido. No 31, Óscar empatou nunha segunda xogada dun córner. E no 39, Álex Arias aproveitou unha xogada de rebotes para poñer o segundo.

Con todo, no peor momento, volveu aparecer o Compos. Sacouse de encima os nervios e foise ao ataque, marcando tres minutos despois. Boa combinación en tres cuartos entre Carlos Pérez, que debutou, Pablo Antas e Santi de Prado, que empalou con potencia e arriba para o 2-2. Terceiro gol do extremo e segundo consecutivo.

Con empate chegouse ao descanso, aínda que na última acción da primeira parte o Marino avisou con outro testarazo sacado baixo paus por Pablo Crespo.

Xa na segunda parte, máis sólidos atrás e gañando poderío e frescura no medio co triplo cambio de Fausto Tienza, que tamén se estreou, Samu e Fer Cano, o Compos meteulle unha marcha máis ao partido para acabar levándose o premio do triunfo.

Primeiro, no 65, aproveitou unha boa presión para que Hugo Matos, máis listo que ninguén, marcase o terceiro. O dianteiro foi a por un pase atrás de Lora, gañoulle a carreira ao porteiro e marcou a portería baleira. Era o seu segundo gol da campaña, pero non foi o seu último da tarde.

A continuación, rozou o cuarto nun man a man do propio Hugo Matos, que sacou Dennis, así como en dous centros que foron salvados polos defensas cando os atacantes branquiazuis xa se relambían para marcar.

E, para culminar, no 78, chegou a sentenza co dobrete de Hugo. Acción rápida tras saque de banda na que Samu conectou con Fer Cano, este de tacón para o ‘10’, quen controlou e fusilou á rede cun disparo seco abaixo. 4-2, dobrete, o seu terceiro gol da tempada e partido encarado.

Aínda así, non deixou de presionar o Compos que aínda tivo as súas opcións para un quinto, especialmente nun tiro de Manu Barreiro, despexado por Dennis, e un disparo cruzado de Manu Rivas, tras asistencia de Hugo, que salvou debaixo dos paus un defensa.

Foi o colofón a unha gran vitoria, fraguada nun gran ataque. Tres puntos de ouro para respirar e seguir adiante a polo que queda. Ese futuro pasa pola seguinte xornada, na que o Compos se medirá ao Escobedo, o domingo ás 12.00 horas no Estadio Eusebio Arce.

FICHA TÉCNICA

4 – SD Compostela: J. Rabanillo; Roque, David Soto, Pablo Crespo, Ocaña; Selasi (Samu, min.59), Pablo Antas (Fausto Tienza, min.59); Santi de Prado (Manu Rivas, min.77), Carlos Pérez (Fer Cano, min.59), Markitos (Manu Barreiro, min.81); e Hugo Matos.

2 – Marino de Luanco: Dennis D.F.; Borja, Orfila (Estébanez, min.80), Morcillo, Álex; Álex Arias, Pinin, Lora, Dailos (Álex Alemán, min.72); Isma Cerro (Guaya, min.86) e Óscar (Adolfo, min.72).

Goles: 1-0: Markitos, min.7; 1-1: Óscar, min.31; 1-2: Álex Arias, min.39; 2-2: Santi de Prado, min.42; 3-2: Hugo Matos, min.65; 4-2: Hugo Matos, min.78.

Árbitro: Masip Vidal (Lleida). Amoestou a David Soto e Santi de Prado, polo Compos; e a Álex Alemán, polo Marino.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 22 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.120 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Entradas xa dispoñibles para o amigable contra o Real Club Deportivo de La Coruña 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🤝 Encontro patrocinado por Fútbol Emotion e en colaboración con Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia ℹ️ As entradas para público so están dispoñibles para Preferencia#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Borja Yebra e Carlos de Lerma🩵🤍 Primeiras verbas do novo director deportivo e do novo adestrador trala súa chegada á SD Compostela, nunha rolda de prensa celebrada no Oca Hotels Puerta del Camino👉 Ambos falaron do proxecto, dos pasos a seguir e dos retos para esta fermosa campaña na #SegundaFederación ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 “O Camiño do Norte”, a nova campaña de abonos da SD Compostela para o regreso á #SegundaFederación👉 Toda a información na web!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/09/o-camino-do-norte-compos-abonos/🗓️ Xa está aberto o primeiro prazo, exclusivo para renovacións!🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/🗓️🩵🤍 PRAZOS DA CAMPAÑA👉ATA O 27 DE XULLO:Renovacións para a mesma bancada e asento👉 28 e 29 DE XULLO:Cambio de asento👉 A PARTIR DO 30 DE XULLO:Novas altas e renovacións🎫 Online, na Tenda ou na Oficina#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Antón Guisande, goles e verticalidade para o Compos de #SegundaFederación⚽️ O atacante seguirá aportando o seu traballo incansable, a súa garra e a súa calidade para o bo facer do equipoℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/08/anton-guisande-renovacion-2027/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Diego Uzal, un ano máis de branquiazul⚽️ O #JugadorCincoEstrellas da pasada campaña regresará, como o Compos, á #SegundaFederación, para seguir demostrando o seu poderío e gran nivel futbolísticoℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/08/diego-uzal-renovacion-compos/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.