Bruno Scorza reforza a dianteira do Compos

21 de Febreiro de 2025
  • O dianteiro uruguaio Bruno Scorza chega desde a Primeira División do seu país e firma ata final de tempada

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025

Bruno Scorza Perdomo (San José de Mayo -Uruguai-, 01/10/2000) é novo xogador da SD Compostela. O dianteiro uruguaio, con pasaporte italiano, chega desde a Primeira División do seu país e firma ata final de tempada.

Tras finalizar a liga Clausura co CA Cerro, equipo da Primeira División no que xogou o pasado ano (a competición en Uruguai é anual), Bruno Scorza dá o salto a Europa co propósito de demostrar as calidades que atesoura.

A SD Compostela faise cos servizos dun atacante veloz, con capacidade de desborde, xogo de espaldas e que se pode adaptar tanto á punta do ataque como a calquera das dúas bandas. Estas calidades levaron á dirección deportiva do Compos a afrontar a súa fichaxe para reforzar a liña ofensiva do equipo.

Aos seus 24 anos, Bruno Scorza conta cunha experiencia de 84 partidos disputados no fútbol profesional uruguaio (Apertura, Torneo Intermedio, Clausura e Copa), divididos en 6 tempadas: catro no Club Atlético Fénix, un en La Luz e o último no Club Atlético Cerro. Ademais, co Fénix, debutou tamén no torneo internacional da Conmebol Suramericana, segunda máxima competición de Sudamérica. En todos eles, o dianteiro uruguaio anotou seis goles e repartiu tres asistencias.

Tras superar o recoñecemento médico e recibir o transfer internacional, Bruno Scorza xa está ao dispor do corpo técnico da SD Compostela para disputar os seus primeiros minutos co Compos.

Benvido, Bruno!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.