O Compos cede na casa contra o Rayo Cantabria

23 de Febreiro de 2025
Apoiados por Ojoalvatio, os nosos saltaron ao céspede para o partido contra o Rayo Cantabria.
Carlos Pérez volveu ser titular no Vero Boquete.
Markitos celebrou o seu segundo gol como xogador do Compos, ambos no Vero Boquete.
Hugo Matos pelexa por un balón contra un xogador do Rayo Cantabria.
  • O filial do Racing remontou no inicio da segunda parte e aguantou ata o final

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2025

O Compos cedeu en casa contra o Rayo Cantabria. Tras unha boa primeira parte, o filial do Racing remontou no inicio da segunda parte e aguantou o resultado ata o final, 1-2.

Os nosos adiantáronse no primeiro tempo, tras varios achegamentos perigosos, grazas a un novo tanto de Markitos, remachando á rede unha asistencia de Samu.

Con todo, no segundo tempo, dous goles de Dani González e Marco nos primeiros dez minutos trala continuación, así como a expulsión de Fausto Tienza, con vermella directa, marcaron o duelo. Aínda así, en balóns colgados, tería opcións o Compos, pero o porteiro desbaratou cada acción de perigo, especialmente un testarazo de Markitos.

Toca levantar a cabeza para, no que queda, volver sumar de tres e saír dos postos de abaixo. A primeira oportunidade será o vindeiro domingo, en Salamanca, contra o Guijuelo.

FICHA TÉCNICA

1 – SD Compostela: J. Rabanillo; David Soto (Bruno Scorza, min.69), Álvaro Casas, Pablo Crespo (Roque, min.46), Ocaña; Fausto Tienza, Samu; Markitos, Carlos Pérez (Fer Cano, min.59), Manu Rivas (Santi de Prado, min.59); e Hugo Matos (Manu Barreiro, min.75).

2 – Rayo Cantabria: Álvaro; Entrecanales, Carrascal, Gomeza, Samu (A. Argos, min.74); Néstor; Ángel (Mario Fuente, min.90), Dani González, Izan (Solórzano, min.74), Diego Díaz (Quicala, min.46); e Baldrich (Íñigo López, min.74).

Goles: 1-0: Markitos, min.39; 1-1: Dani González, min.46; 1-2: Carrascal, min.54.

Árbitro: Álvarez Rodríguez (Castela e León). Expulsou a Fausto Tienza (min.61) con vermella directa. Ademais, amoestou a Pablo Crespo e Manu Barreiro, polo Compos; e a Entrecanales, Solórzano, Íñigo López e Néstor, polo Rayo Cantabria.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 24 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 1.500 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.