-
O técnico e a dirección do club, despois dunha reunión, decidiron de forma conxunta a súa non continuidade como primeiro adestrador
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2025
Antón Permuy cesa como adestrador da SD Compostela. O técnico e a dirección do club, tras unha reunión ao finalizar o partido desta tarde no Vero Boquete, decidiron, de forma conxunta, a súa non continuidade como primeiro adestrador da Sociedade Deportiva Compostela.
O club quere agradecer a Antón o seu traballo durante a súa etapa á fronte do primeiro equipo.
O segundo adestrador, Dani Gesto, farase cargo do Compos de maneira interina.