O Compos cede un empate no último segundo

9 de Marzo de 2025
Luisito debutou no banco do Compos este domingo contra o Real Avilés Industrial
Manu Rivas volveu marcar en Liga sumando o seu quinto tanto da tempada
Selasi defendendo unha xogada do partido.
Roque, nunha das accións do empate contra o Real Avilés Industrial.
O canteirán Iker Gil volveu contar con minutos co primeiro equipo.
  • Os branquiazuis, no debut de Luisito, mereceron gañar, pero a mala sorte cebouse co equipo

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2025

O Compos cedeu un empate no último segundo nun partido no que mereceu mellor sorte, pero caeu presa da solidez nas áreas. Un punto que sabe a pouco despois dun partido no que os nosos acumularon infinidade de ocasións para sentenciar.

No debut de Luisito na casa, Manu Rivas, na primeira metade, marcou o gol do Compos, despois de aproveitar un servizo perfecto desde a dereita de Roque. O tanto sentou ben ao equipo, que puido ampliar vantaxe xa na primeira parte, especialmente nas botas de Hugo Matos, Manu Barreiro e Markitos.

Na segunda metade, saíndo á contra, os nosos tamén tiveron as súas, pero todas as ocasións foron desbaratadas polos visitantes. Unha chegada ao segundo pau do canteirán Iker Gil, que volveu xogar co primeiro equipo, e un testarazo de Landeira en área pequena, que desbaratou baixo paus Álvaro, foron as mellores.

Con todo, a falta de acerto permitiu ao Avilés seguir metido no encontro e aproveitaríao no desconto. Primeiro, nun córner, Rabanillo sacou unha gran man. E na última acción do partido, tras un saque de banda rápido, Cueto impúxose por arriba á defensa e puxo o fatídico empate.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: Rabanillo; David Soto, Álvaro Casas, Ocaña (Pablo Antas, min.40); Roque, Selasi, Samu, Manu Rivas; Hugo Matos (Landeira, min.69), Markitos (Carlos Pérez, min.78); e Manu Barreiro (Iker Gil, min.78).

1 – REAL AVILÉS INDUSTRIAL: Álvaro; J.A. Soler, Jose Martínez, J.C. Babin, Víctor (Osky, min.79); Gete (Mecerreyes, min.83); Isi Ros (Momoh, min.83), Kevin Bautista, Javi Cueto, Nico (Davo, min.60); e Santamaría (Natalio, min.79).

GOLES: 1-0: Manu Rivas, min.21; 1-1: Javi Cueto, min.90+5.

ÁRBITRO: Tome Alonso (Canario). Amoestou a Manu Barreiro, Manu Rivas, Ocaña, Samu, Rabanillo, Pablo Antas e Roque, polo Compos; e a Jose Martínez, polo Real Avilés Industrial.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 26 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.050 espectadores.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.