Derrota na casa contra o Bergantiños

23 de Marzo de 2025
Manu Barreiro saltando de cabeza cun rival do Bergantiños.
David Soto defendendo unha acción.
Selasi nun momento do partido contra o Bergantiños.
  • O Compos caeu 0-2 contra o Bergantiños no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2025

O Compos volveu caer na casa nun novo derbi. Os nosos perderon 0-2 contra o Bergantiños nun duelo decidido en dúas accións en cada parte. Coa derrota, o equipo segue en descenso.

As principais accións de perigo do Compos estiveron no inicio de cada parte, pero ao equipo volveulle a faltar pegada e encaixou en dous golpes. Tras rozar o tanto nas botas de Kike, o Bergan adiantouse nun balón solto na área.

E na segunda, tras un remate ao pau de Manu Barreiro e outro de Markitos que se escapou por milímetros, o Bergantiños sentenciou nun penalti de Antañón, que marcou trala parada de Rabanillo.

A próxima semana outra reválida, en Llanera, o sábado ás 17.00 horas.

FICHA TÉCNICA

0 – SD COMPOSTELA: J.Rabanillo; Roque, David Soto, Kike, Ocaña (Iker Gil, min.78); Fausto Tienza (Fer Cano, min.46), Selasi; Hugo Matos (Landeira, min.46), Carlos Pérez (Manu Rivas, min.46), Markitos; e Manu Barreiro.

2 – BERGANTIÑOS FC: Santi Canedo; Currás, Cristian, Cano, Tijan; Uzal, Tiago, Reme (Fito, min.60); Omar (Manu Núñez, min.46), Antañón (Ramos, min.81) e Pachón (Trigo, min.81).

GOLES: 0-1: Pachón, min.39; 0-2: Antañón, min.72.

ÁRBITRO: Gómez Lameiro (Pontevedra). Amoestou a Roque, Manu Rivas e David Soto, polo Compos; e a Cristian e Uzal, polo Bergantiños.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 28 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.050 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.