Secho, novo adestrador da SD Compostela

25 de Marzo de 2025
  • Secho, técnico de Porto do Son, asina ata final de tempada co obxectivo de lograr a salvación

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025

Jose Manuel Martínez Paz, máis coñecido como “Secho”, é novo adestrador da SD Compostela nesta tempada 24/25. O técnico de Porto do Son (1977), que se atopaba sen equipo, firma ata final de tempada. Chega co obxectivo de darlle volta á mala dinámica do equipo e loitar pola salvación do Compos na Segunda Federación.

Secho é un adestrador con experiencia no fútbol galego, tanto nas categorías de formación como no fútbol sénior. A súa última experiencia nos bancos foi en Carballo, a pasada campaña, logrando o ascenso co Bergantiños a Segunda RFEF, logo dunha fantástica tempada na que o equipo conseguiu o campionato de Liga.

Anteriormente, foi segundo adestrador do Real Club Deportivo da Coruña, acompañando a etapa de Rubén de la Barrera no cadro herculino; e técnico asistente do Club Deportivo Lugo na Segunda División.

Ademais, dentro do seu amplo currículo deportivo, foi tamén técnico do Noia, seleccionador galego sub-18 e adestrador da base do Deportivo durante moitas tempadas.

Con esta experiencia e a ilusión de poder salvar ao Compos, xa asinou o seu contrato e dirixirá mañá o seu primeiro adestramento co equipo para preparar a importantísima visita ao campo do Llanera deste sábado.

Benvido e moita sorte, Secho.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.