Terceiro triunfo seguido para un Compos que segue vivo

20 de Abril de 2025
Celebración do Compos no gol de Pablo Antas que permitía a vitoria branquiazul
Celebración do equipo tralo gol de Manu Rivas, o terceiro.
Manu Barreiro volveu marcar na Liga, o seu terceiro tanto da tempada.
Secho, nun dos momentos do partido no Vero Boquete contra a Gimnástica de Torrelavega.
  • O Compos gañou 3-1 á Gimnástica, con dous goles na recta final, nun partido vital para os nosos

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2025

Terceiro triunfo seguido dun Compos que segue vivo na Liga. Vitoria na casa, 3-1, contra a Gimnástica de Torrelavega que permite aos nosos saír dos postos de descenso directo. Dous tantos na recta final, ambos en centros laterais, permiten ao Compos seguir crecendo e seguir loitando.

Tras gañar na casa contra o Salamanca e en Cantabria contra o Laredo, o Compos quería encadear o seu terceiro triunfo seguido. Co mesmo once que o pasado sábado, coa excepción da entrada de Samu por Fausto Tienza, o equipo saíu a por todas desde o inicio ante un rival que se repregaba na procura dunha contra.

Co apoio do público, entregado unha vez máis, o equipo creceu co paso dos minutos e foise en busca do gol. Tívoo na súa cabeza Pablo Crespo, pero a súa cabezada escapouse por moi pouco. E atopouno Manu Barreiro. En ambos casos, un elemento común, o centro de Pablo Antas.

O dianteiro centro volveu marcar na liga e fíxoo cun auténtico golazo de primeiras, conectando a pelota coa zurda cara á escuadra da portería visitante.

Con todo, cando mellor estaba o equipo, reaccionaron os visitantes. Primeiro Rabanillo estirouse ben ao disparo de Chus Ruiz, pero no córner, Primo, excompostelanista, cazou a pelota na área e mandouna á rede. Coa igualada, 1-1, chegouse ao descanso.

Á volta dos vestiarios, o Compos mellorou e foise a polo necesario segundo tanto. A Samu escapóuselle por moi pouco, nunha boa acción pola dereita, e Manu Barreiro non chegou, pouco máis tarde, por nada a un gran centro de Hugo Matos, que entrara ao verde minutos antes.

Pasaron os minutos e a presión comezaba a pesar ante un Compos que o buscaba, pero que non acababa de atopar a ocasión, ata que no 82 atopou o premio. Fer Cano púxoa con música, Barreiro deixouna morta coa súa cabeza ante a saída do porteiro e o seu rexeite quedou na área para que Pablo Antas, por segunda semana consecutiva, aparecese coa súa cabeza para empuxala á rede.

Eses segundos entre que a pelota saíu da cabeza do medio de Monterroso ata que a pelota acabou na rede pareceron interminables, pero houbo premio e a bancada toleou.

Xa con vantaxe, os nosos durmiron o encontro, aínda que sen rexeitar ir ao ataque e así chegou o terceiro tanto. Centro de Roque desde a dereita ao segundo pau para a aparición dun Manu Rivas que, de novo, volveu mollar. Gran remate de primeiras coa súa zurda, potente, para selar o triunfo, no que foi o seu sexto gol en liga.

Cos tres puntos, o Compos sae de descenso directo e sitúase na posición de playout. Toca seguir nas dúas finais que quedan para poder conseguir o obxectivo. O vindeiro domingo, ás 12.00 horas, horario unificado, tocará unha nova final, esta vez, contra o Real Ávila no Estadio Adolfo Suárez.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: Rabanillo; Roque, David Soto, Álvaro Casas (Fer Cano, min.55), Pablo Crespo, Ocaña (Manu Rivas, min.75); Samu (Trasi, min.75), Pablo Antas; Iker Gil (Hugo Matos, min.55), Markitos (Kike, min.84) e Manu Barreiro.

1 – RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA: Iván Crespo; Chus Ruiz (Laken Torres, min.76), Miguel Goñi, Iago Parga, Pasines; Cristian Canles (Uri, min.67), Diego Campo (Tobar, min.67), Alberto Gómez, Saúl (Unai, min.67); Dani Gómez (Puras, min.60) e Primo.

GOLES: 1-0: Manu Barreiro, min.29; 1-1: Primo, min.36; 2-1: Pablo Antas, min.82; 3-1: Manu Rivas, min.87.

ÁRBITRO: Bordons Romero (Madrid). Amoestou a Pablo Crespo, polo Compos; e a Alberto Gómez, pola Gimnástica.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 32 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.500 espectadores.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.