Derrota en Ávila e tocará esperar na última xornada

28 de Abril de 2025
Once do Compos no partido contra o Ávila.
  • O Compos perdeu 2-1 en Ávila, queda a dous puntos do playout e terá que gañar e esperar a derrota do Escobedo na última cita

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2025

O Compos caeu derrotado en Ávila, 2-1, o que lle complicou conseguir o seu obxectivo nesta recta final de liga. A súa derrota, unida aos demais resultados da xornada, deixa aos nosos a dous puntos do playout antes da última xornada.

En Ávila, o Compos arrincou mellor e puido adiantarse en dúas claras ocasións, pero un defensa e o porteiro, este último sobre a liña, evitaron o gol branquiazul.

Non marcaron os compostelanistas, pero si o fixeron os locais, aproveitando unha gran acción de William, que serviu a asistencia para Cassio, no segundo pau. Así se chegou ao descanso.

Á volta dos vestiarios, os nosos fóronse ao ataque, pero o Ávila volveu penalizar ao Compos nunha contra. Esta vez, William foi o que resolveu no man a man con Rabanillo.

A pesar do 2-0, os nosos non baixaron os brazos e puideron meterse no duelo en dúas accións de Hugo Matos, pero de novo non atoparon a rede. Primeiro, o porteiro sacoulle o man a man e, pouco despois, un defensor cortou un tiro que se ía á rede. O 2-1 acabaría chegando no desconto, obra de Fer Cano, pero xa non houbo tempo para máis.

Con este resultado, as opcións do Compos pasan por gañar ao Valladolid Promesas, este próximo domingo ás 12.00 horas no Vero Boquete, e esperar a derrota do Escobedo contra o Llanera. O equipo loitará ata o final para tentar logralo.

FICHA TÉCNICA

2 – REAL ÁVILA: Álvaro; Alpha, Carlos Pascual, Cassio, Doumbia; Babu, Caio Lopes (Álex Moreno, min.75), Sisse (Adilson, min.62), Toper (Pedro Luz, min.75); William (Adri Carrión, min.67) e Bashirou.

1 – SD COMPOSTELA: Rabanillo; Roque, Kike (Santi de Prado, min.72), David Soto, Ocaña; Fausto Tienza (Fer Cano, min.56), Pablo Antas (Carlos Pérez, min.72), Samu; Markitos (Trasi, min.79), Manu Rivas (Hugo Matos, min.56) e Manu Barreiro.

GOLES: 1-0: Cassio, min.20; 2-0: William, min.57; 2-1: Fer Cano, min.90+3.

ÁRBITRO: Sáez Vital (Cádiz). Amoestou a Sisse, Bashirou e Caio Lopes, polo Ávila; e a David Soto, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Adolfo Suárez (Ávila). Xornada 33 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 week ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.