Abertas as inscricións para os III Campus Xacobeos

19 de Maio de 2025
Campus Xacobeos 2025.
  • Os Campus Xacobeos pasarán por Santiago, con dúas semanas, O Pino, Arzúa, Touro e Noia. Inscricións na web.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025

Volven os Campus Xacobeos este verán e fano con seis sedes. Tras superar as 500 inscricións o pasado ano, a terceira edición dos mellores campus de verán pasarán por Santiago, durante dúas semanas, O Pino, Arzúa, Touro e Noia.

As inscricións xa están abertas en: https://sdcompostela.com/gl/canteira/campus-xacobeos-compos-2025/.

As datas son as seguintes:

  • Santiago de Compostela: do 23 ao 27 de xuño e do 30 de xuño ao 4 de xullo.
  • O Pino: Do 30 de xuño ao 4 de xullo.
  • Arzúa: Do 7 de xullo ao 11 de xullo.
  • Touro: Do 14 de xullo ao 18 de xullo.
  • Noia: Do 14 de xullo ao 18 de xullo.

Novamente, os Campus Xacobeos, para nenos e nenas de 4 a 16 anos, contarán cos mellores adestradores, materiais innovadores, visitas de xogadores, unha festa asegurada como fin de Campus e moitas novidades máis. En todas as sedes, o horario será das 9:30 ás 14:00 horas.

Para facer posible esta terceira edición, os Campus Xacobeos contarán co patrocinio principal de Cobre San Rafael, quen renovou recentemente o seu compromiso co proxecto do club. A compañía, no seu apoio ao deporte base, tamén subvencionará parte da tarifa para os inscritos nas sedes do Pino e Touro.

Do mesmo xeito, os campus tamén contan coa colaboración de Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Kutxabank, Los Ángeles Gas e Gadis. Ademais, tamén merecen unha mención destacada os clubs e concellos nos que levarán a cabo cada un dos campus.

Os prezos, para esta terceira edición dos Campus Xacobeos, son os seguintes:

  • Tarifa Xeral: 150€.
  • Tarifa Canteira Picheleira (+ Noia e ED Arzúa): 125€.
  • Irmán de inscrito (a partir do segundo): 10€ de desconto.
  • Tarifa Touro e O Pino (só empadroados): 35€.

Cabe mencionar tamén que as inscricións inclúen a entrega de dúas camisetas, un pantalón, un par de calcetíns, unha botella de hidratación e un recordo da participación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, @damian_noya!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.