Cobre San Rafael reforza o seu compromiso co Compos para as dúas próximas tempadas

7 de Maio de 2025
Cobre San Rafael é o patrocinador principal dos Campus Xacobeos.
Patrocinio de Cobre San Rafael na última edición dos Campus Xacobeos.
Celebración dun gol do Xuvenil A esta tempada, na que acadou a permanencencia na División de Honra.
Cobre San Rafael, patrocinador dos equipos de Conxo.
Celebración Gol Xuvenil A vs Arosa 4
  • Cobre San Rafael será o patrocinador principal do Xuvenil A, á vez que mantén o seu apoio ao primeiro equipo, á Canteira Picheleira e aos Campus Xacobeos

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

A Sociedade Deportiva Compostela e Cobre San Rafael seguirán camiñando da man durante as dúas próximas tempadas. O Compos e a empresa con sede en Touro renovaron e ampliaron o seu acordo de patrocinio, reforzando aínda máis a súa estreita relación, que se mantén desde fai varias campañas.

Cobre San Rafael non só manterá o seu apoio a todos os equipos da Canteira Picheleira, senón que ademais será tamén o novo patrocinador principal do Xuvenil A de División de Honra, equipo que competirá por quinta tempada consecutiva na máxima categoría nacional.

Ademais, Cobre San Rafael seguirá patrocinando os Campus Xacobeos, tanto de verán como de inverno, e continuará sendo tamén, como nos últimos anos, un dos principais patrocinadores do primeiro equipo da SD Compostela.

Desde o Compos agradecen a Cobre San Rafael a súa confianza no proxecto compostelanista unha vez máis, así como a aposta decidida da compañía polo desenvolvemento do deporte base e o fútbol sénior en Santiago e a súa comarca. Esta alianza reforza o obxectivo común de seguir formando xogadores e persoas baixo os valores do esforzo, a humildade e a superación.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.