Cobre San Rafael patrocinará a Canteira Picheleira

24 de Outubro de 2023
Cobre San Rafael patrocina aos equipos da Canteira Picheleira
Dende a esquerda: Fernando Riopa, de Cobre San Rafael; Miguel Fernández, da SD Compostela; e Pablo Núñez, de Cobre San Rafael.
  • Cobre San Rafael potencia o seu compromiso coa base, patrocinando a todos equipos da Canteira Picheleira, apostando por fomentar os valores positivos do fútbol

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

No seu compromiso co proxecto da SD Compostela, que mantén moi presente desde decembro de 2018, a partir de agora Cobre San Rafael orienta o seu apoio cara á Canteira Picheleira, un dos grandes valores do club.

A partir do mes de novembro, Cobre San Rafael patrocinará a todos os equipos da Canteira Picheleira, incluíndo aos conxuntos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago. Trátase, polo tanto, dun fortalecemento desa aposta da compañía por fomentar o deporte base e os valores positivos que rodean ao fútbol, apoiando aos máis de 500 xogadores que compoñen a Canteira.

Precisamente, ese compromiso pola práctica futbolística desde idades temperás foi sempre un nexo de unión entre ambas entidades. Nesta liña, o apoio de Cobre San Rafael foi vital para a realización de diferentes proxectos e actividades, tanto deportivas como sociais, fomentando tamén os valores de igualdade entre nenas e nenos.

Deste xeito, o seu apoio ao fútbol base impúlsase con este patrocinio da Canteira Picheleira, que estará vixente, nun primeiro momento, ata xuño de 2025. Así, os equipos levarán a súa imaxe nas camisetas de xogo da primeira e segundo equipamento. Máis de 500 xogadores sentiranse arroupados por Cobre San Rafael nos seus encontros por toda Galicia.

Este acordo, abarca o patrocinio dos 18 equipos do CD Conxo Santiago e de 16 SD Compostela, coa única excepción do equipo xuvenil de División de Honra e do equipo que actualmente compite na 2ª RFEF.

Seguirá impulsando os Campus Xacobeos no verán e as visitas a centros educativos de Santiago e comarca

Do mesmo xeito que neste pasado verán, Cobre San Rafael seguirá sendo o patrocinador principal dos Campus Xacobeos, sendo clave este apoio para poder continuar coa súa organización. Ademais, tamén manterá a súa colaboración co club para a realización de visitas a centros educativos de Santiago de Compostela e comarca.

Desde a SD Compostela non podemos máis que agradecer o gran labor que, máis aló do deporte, impulsa cada ano Cobre San Rafael. O espírito de colaboración, de promoción de valores como equipo, de igualdade, que tan necesarios son hoxe en día, merecen un gran recoñecemento do equipo, da súa afección e de toda a cidadanía que se beneficia dunha forma ou doutra desta gran colaboración.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario a nosa locomotora, Antón Guisande 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧!! 💪 Que veñan acompañados de moitos goles, moita alegría e que o poidamos celebrar cun ascenso📸 @nacho ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos iniciaron hoxe a semana de traballo👉 Toca recuperar folgos e preparar a ida da finalísima do play off💪 Queremos comezar da mellor maneira esta nova rolda, co voso apoio dende a bancada!!!#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🎟️ NOVA PROMOCIÓN👉 Cada abonado adulto pode retirar unha entrada a maiores a 5€Esta promoción tamén está habilitada ata o venres ás 15:00 horas!!A forza de todos é fundamental para facer do Vero Boquete un fortín!!! 🏟️🩵🤍📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 Xa está aberta a venta de entradas para a ida da final nacional do play off!!!𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬 (ata venres ás 15:00h)Xeral - 5€Menores de idade - Gratis (*OBRIGATORIO retirar invitación)𝐍𝐨𝐧 𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬Xeral - 15€Menores de idade - 2€👉 As entradas poden retirarse desde xa na Oficina, na Tenda ou Online (leva gastos de xestión)🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 IMPORTANTE: O prezo para abonados é ata o venres 12 ás 15:00h. Pasado o prazo, o seu asento tamén quedará liberado para o público xeral📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, comezamos a fase definitiva do play off na nosa casa🫂 Necesitamos o apoio de todos para acadar o obxectivo🆚 CF Badalona⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 14/06🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ A partir das 15:00h, toda a ℹ️ sobre as entradas#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.