Un legado que chega ao seu fin: Pablo Antas e o Compos separan os seus camiños

16 de Xuño de 2025
152 grazas. Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños tras seis tempadas.
  • O mago de Monterroso, heroe do último ascenso branquiazul, despídese da SD Compostela despois de seis tempadas

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025

O legado de Pablo Antas na SD Compostela chegou ao seu fin. O mago de Monterroso e o Compos separan os seus camiños tras seis tempadas. Despedimos a un futbolista exemplar, dentro e fóra do campo, que será lembrado por sempre na memoria dos afeccionados compostelanistas, en especial, polo seu gol en Balaídos que permitiu o último ascenso branquiazul.

Pero non só iso. Pablo Antas foi nestas seis campañas un compás no centro do campo do Compos, o temón do equipo, un futbolista que nos permitiu gozar dun gran fútbol no Vero Boquete de San Lázaro.

O mediocentro despídese do club tras 152 encontros defendendo a camiseta da SD Compostela, nos que anotou ademais 13 goles, lembrando especialmente esa diana en Balaídos que permitiu o ascenso á Segunda División B en 2020.

Por iso, desde a SD Compostela só temos palabras de agradecemento por todo o que construíu Pablo Antas na súa etapa en Santiago. Moitísimas grazas por todo o teu traballo e moita sorte para o teu futuro. O Compos sempre será a túa casa.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.