Álex Cobo, o novo gardián da portería do Compos

18 de Xuño de 2025
Álex Cobo, novo porteiro da SD Compostela.
  • Álex Cobo, tras unha brillante campaña na UD Ourense, buscará no Compos o seu cuarto ascenso a Segunda RFEF

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

A portería da SD Compostela ten un novo gardián: Álex Cobo Padillo (Sant Boi do Llobregat, 06/07/1995). O experimentado porteiro chega ao Compos tras unha brillante campaña na UD Ourense, con ascenso incluído, e co obxectivo de conseguir o seu cuarto salto de categoría a Segunda RFEF/Segunda B. Firma por unha tempada.

O Compos faise cos servizos dun porteiro de envergadura, con capacidade para sacar o balón xogado e con grandes calidades baixo paus, como veu demostrado na súa dilatada traxectoria no fútbol galego, tanto en Terceira como en Segunda RFEF.

Álex Cobo chega ao Compos tras o lograr o ascenso coa UD Ourense, na que estivo os dous últimos anos. Faio tras unha campaña sensacional na que só encaixou 14 goles en 28 partidos, todos como titular, sendo parte fundamental do campionato conseguido, con xornadas de antelación, polo equipo das Burgas. Deses 28 duelos, en 17 deles deixou a portería a cero, parando ademais un penalti no decisivo encontro ante o Estradense (segundo clasificado) da xornada 30.

Este foi o último ascenso logrado por un Álex Cobo experto nestas lides, e é que tamén o logrou co Deportivo Fabril e o Arousa. Precisamente, o filial coruñés foi a súa primeira experiencia en Galicia, tras saír do Lleida, estando durante catro tempadas, nas que disputou 87 partidos.

Posteriormente, pasaría polo Arousa, dúas campañas e 36 partidos; o Bergantiños, un ano e seis partidos; e a xa citada experiencia na UD Ourense, con 64 encontros.

Tralo seu brillante papel en Ourense, Álex Cobo chega ao Compos co obxectivo de defender con todas as súas calidades a portería do Vero Boquete e lograr o desexado ascenso, o seu cuarto ascenso.

Benvido, Álex!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.