Un líder para o Compos: Samu, un ano máis de branquiazul

19 de Xuño de 2025
Samu, 1 ano máis de branquiazul. O capitán cumprirá a súa décima tempada no Compos.
  • Samu renova o seu contrato e cumprirá a súa décima tempada no Compos

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025

Un líder para o proxecto da SD Compostela. Samuel Rodríguez Noya seguirá un ano máis vestindo a camiseta branquiazul. O mediocentro de Val do Dubra amplía a súa vinculación co club para encabezar ao equipo na procura do ascenso. Renova por un ano e cumprirá así a súa décima tempada no Compos.

A SD Compostela asegúrase a continuidade dun líder, dentro e fóra do campo, que guiará ao equipo como capitán. Un temón para a medular compostelanista, que achegará traballo, tesón e moito fútbol.

Deste xeito, Samu disputará a súa décima tempada no Compos, o seu Compos, no que acumula xa 235 partidos xogados, o sexto futbolista con máis encontros disputados na historia do club, cifras que seguirá aumentando.

Un referente para todos e un futbolista chave que ten un claro obxectivo: devolver ao Compos á Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.