“100% Picheleiro”, a nova campaña de abonos da SD Compostela

15 de Xullo de 2025
Campaña de Abonos 100% Picheleiro da SD Compostela para a Tempada 2025/26.
  • Xa está en marcha a Campaña 100% Picheleiro da SD Compostela: Abónate aquí.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025.

A SD Compostela lanza a súa Campaña de Abonos para a Tempada 2025/26 baixo o lema 100% Picheleiro, unha chamada ao sentimento e á paixón polas cores azul e branco nun ano no que o club ten o obxectivo claro de volver á Segunda RFEF.

A campaña xa está en marcha e, tanto para as renovacións como as novas altas, pódese acceder pinchando no seguinte enlace: Campaña 100% Picheleiro SD Compostela.

Renovacións e novas altas.

Xa se poden facer renovacións a través da páxina web oficial da S.D. Compostela, na Oficina do Club no Estadio Verónica Boquete ou na Compostenda. O período de novas altas da campaña 100% Picheleiro abrirase o 21 de xullo, unha vez finalicen as fases de renovación.

Os abonados que renoven o seu carné contarán cun 20% de desconto no prezo. Estes son os prezos vixentes:

  • 3-17 anos: 15 € (renovación: 12 €).
  • 18-30 anos: 50 € (renovación: 40 €).
  • 31-65 anos: 120 € (renovación: 96 €).
  • Máis de 65 anos: 100 € (renovación: 80 €).

Toda a emoción na Tribuna.

Atención, picheleiros! Esta tempada, toda a emoción vivirase dende a Tribuna, xa que será a única zona dispoñible para os abonados. Por iso, a campaña distribuíse en varias fases para asegurar que todos atopen o seu sitio.

Do 7 ao 13 de xullo:

Renovación exclusiva de asentos en Tribuna. Os abonados de Preferencia poderán reservar asentos libres nesta zona.

Do 14 ao 20 de xullo:

Os asentos non renovados quedarán liberados. Os abonados de Preferencia poderán adquirir eses asentos e os de tribuna cambiar de sitio.

A partir do 21 de xullo:

Apertura de novas altas e últimas renovacións. Manteranse os prezos reducidos, pero sen reserva de asento.

Novidade: Bancada de Animación

A principal novidade da Campaña 100% Picheleiro para esta tempada é a creación dunha Bancada de Animación, situada nunha zona do Fondo Norte anexa á Tribuna cun aforo de 561 persoas:

  •  Asentos non numerados, pensados para vivir o partido con intensidade.
  •  5% de desconto adicional nos abonos desta zona.
  •  Esta Bancada estará dispoñible na súa totalidade dende o inicio da campaña.

100% Picheleiro inclúe:

  • Acceso a todos os partidos de liga regular que se disputen no Estadio Vero Boquete de San Lázaro.
  • Entrada a todos os amigables no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, incluíndo:
    • RC Deportivo (23 de xullo).
    • RC Celta (data por confirmar).
  • Acceso aos partidos do Xuvenil División de Honra como local.
  • 10% de desconto na Compostenda.
  • Carné físico gratuíto.
  • Reserva de asento (excepto Bancada de Animación).

Puntos de renovación e horarios.

Web oficial: sdcompostela.com.

Oficinas do Club (Estadio Verónica Boquete): 

  • Luns a xoves: Das 10.00 ás 14.00 horas.

Compostenda (Rúa da Raíña, 8):

  • Luns: Das 10.30 ás 14.00 e das 17.00 ás 20.30 horas.
  • Martes a sábado: Das 10.00 ás 21.30 horas.
  • Domingo: Das 10.00 ás 16.15 horas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.