Charly, un talismán que achegará gol ao Compos

15 de Xullo de 2025
Benvido Charly. O dianteiro é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 25/26.
  • Charly vén de ascender a Primeira RFEF e de realizar varias tempadas destacadas

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2025

Un ‘9’, con moito gol, para o ataque: Carlos López Vilasánchez “Charly” (Ares, 09/02/1996) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2025/26. O dianteiro coruñés, que vén de ascender a Primeira Federación co Pontevedra, firma por unha tempada.

Charly é un dianteiro zurdo que, aos seus 29 anos, acumula unha gran experiencia no fútbol galego e nacional. Un ariete cunha gran capacidade goleadora e que destacou, alá onde xogou, pola súa facilidade para ver porta, tanto en accións ao espazo como resolvendo na área.

Chega ao Compos tras unha última etapa de dúas campañas no Pontevedra, nas que xogou 66 partidos e anotou 16 goles, tres deles ao seu novo club. Coa camiseta granate cabe destacar a súa xeira de oito xornadas consecutivas marcando, o que lle valeu ser o ariete con mellor media de goles/minuto de toda a Segunda RFEF, con 110 minutos.

Formado nas categorías inferiores do Deportivo e do Racing Club de Ferrol, Charly comezou a dar os seus primeiros pasos no fútbol sénior da man do cadro departamental, contando con minutos no primeiro equipo cando aínda era xuvenil. En todo caso, a súa primeira campaña ao completo disputouna no Galicia de Mugardos, en Terceira, pasando posteriormente polas filas do Cerceda, co que logrou o ascenso a Segunda División B, e As Pontes. No cadro pontés viviría a súa explosión goleadora con dúas tempadas, unha en Preferente e outra en Terceira, nas que marcou 39 goles.

Froito da súa actuación destacada, fichou no Bergantiños, co que conseguiu o ascenso a Segunda RFEF. En Carballo estaría dous anos e medio, marcando 16 dianas, destacando especialmente as 9 que anotou na primeira volta da Campaña 22/23. Isto levouno, no mercado invernal, ao Zamora, onde sumou outros 6 tantos, para converterse, con 15 goles, no pichichi do Grupo 1 e no segundo máximo realizador de toda a categoría nesa tempada.

Coa ambición de dar moitas alegrías á afección compostelanista cos seus goles, Charly asina no Compos co claro obxectivo de seguir sendo un talismán para os ascensos. Ata a data suma 5 (Racing de Ferrol -sendo xuvenil-, Cerceda, As Pontes, Bergantiños e Pontevedra) e entre cella e cella ten o sexto.

Benvido, Charly!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.