Diego Rodríguez, mocidade e polivalencia para a defensa do Compos

16 de Xullo de 2025
Diego Rodríguez, novo xogador da SD Compostela.
  • Diego Rodríguez, con ficha sub23, pode actuar tanto de central como de lateral

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025

Mocidade, talento e polivalencia para a liña defensiva da SD Compostela: Diego Rodríguez Vázquez (A Coruña, 01/10/2004) é novo xogador branquiazul. O defensa coruñés, con ficha sub23, chega tras unha brillante segunda volta no CD Boiro. Firma por unha tempada.

Diego Rodríguez, aos seus 21 anos, é un defensa polivalente, con experiencia tanto de central como de lateral, que destaca pola súa rapidez, o seu coñecemento táctico e as súas grandes calidades defensivas para gañar duelos.

O novo xogador da SD Compostela vén de render a un altísimo nivel no Boiro, club ao que chegou cedido o pasado mercado invernal, procedente do Bergantiños. En Barraña foi un fixo nos onces, sendo clave para a salvación do equipo. Disputou 19 partidos, 18 como titular, para sumar 1.600 minutos disputados. Neles, ademais, marcou un gol.

A esta experiencia en Terceira suma tamén a do seu ano de estrea como sénior, nas filas do RC Celta C. Co filial celeste foi peza fundamental do equipo, nunha campaña na que o equipo quedou ás portas do ascenso a Segunda RFEF. Pechou o curso con 36 partidos disputados, 35 como titular, para máis de 3.000 minutos. Marcou 2 goles, un deles na final galega do playoff.

Ademais, cabe citar que Diego Rodríguez formouse nas categorías inferiores do Ural ata que asinou co RC Celta no seu segundo ano de xuvenil. Na Madroa logrou dous títulos de liga na División de Honra, antes de dar o salto ao seu filial.

Con gañas de continuar coa súa proxección e demostrar as súas calidades, chega ao Compos co obxectivo de lograr o ascenso a Segunda RFEF.

Benvido, Diego!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.