-
Xa está en marcha a Campaña 100% Picheleiro da SD Compostela: Abónate aquí.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025.
A SD Compostela lanza a súa Campaña de Abonos para a Tempada 2025/26 baixo o lema 100% Picheleiro, unha chamada ao sentimento e á paixón polas cores azul e branco nun ano no que o club ten o obxectivo claro de volver á Segunda RFEF.
A campaña xa está en marcha e, tanto para as renovacións como as novas altas, pódese acceder pinchando no seguinte enlace: Campaña 100% Picheleiro SD Compostela.
Renovacións e novas altas.
Xa se poden facer renovacións a través da páxina web oficial da S.D. Compostela, na Oficina do Club no Estadio Verónica Boquete ou na Compostenda. O período de novas altas da campaña 100% Picheleiro abrirase o 21 de xullo, unha vez finalicen as fases de renovación.
Os abonados que renoven o seu carné contarán cun 20% de desconto no prezo. Estes son os prezos vixentes:
- 3-17 anos: 15 € (renovación: 12 €).
- 18-30 anos: 50 € (renovación: 40 €).
- 31-65 anos: 120 € (renovación: 96 €).
- Máis de 65 anos: 100 € (renovación: 80 €).
Toda a emoción na Tribuna.
Atención, picheleiros! Esta tempada, toda a emoción vivirase dende a Tribuna, xa que será a única zona dispoñible para os abonados. Por iso, a campaña distribuíse en varias fases para asegurar que todos atopen o seu sitio.
Do 7 ao 13 de xullo:
Renovación exclusiva de asentos en Tribuna. Os abonados de Preferencia poderán reservar asentos libres nesta zona.
Do 14 ao 20 de xullo:
Os asentos non renovados quedarán liberados. Os abonados de Preferencia poderán adquirir eses asentos e os de tribuna cambiar de sitio.
A partir do 21 de xullo:
Apertura de novas altas e últimas renovacións. Manteranse os prezos reducidos, pero sen reserva de asento.
Novidade: Bancada de Animación
A principal novidade da Campaña 100% Picheleiro para esta tempada é a creación dunha Bancada de Animación, situada nunha zona do Fondo Norte anexa á Tribuna cun aforo de 561 persoas:
- Asentos non numerados, pensados para vivir o partido con intensidade.
- 5% de desconto adicional nos abonos desta zona.
- Esta Bancada estará dispoñible na súa totalidade dende o inicio da campaña.
100% Picheleiro inclúe:
- Acceso a todos os partidos de liga regular que se disputen no Estadio Vero Boquete de San Lázaro.
- Entrada a todos os amigables no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, incluíndo:
- RC Deportivo (23 de xullo).
- RC Celta (data por confirmar).
- Acceso aos partidos do Xuvenil División de Honra como local.
- 10% de desconto na Compostenda.
- Carné físico gratuíto.
- Reserva de asento (excepto Bancada de Animación).
Puntos de renovación e horarios.
Web oficial: sdcompostela.com.
Oficinas do Club (Estadio Verónica Boquete):
- Luns a xoves: Das 10.00 ás 14.00 horas.
Compostenda (Rúa da Raíña, 8):
- Luns: Das 10.30 ás 14.00 e das 17.00 ás 20.30 horas.
- Martes a sábado: Das 10.00 ás 21.30 horas.
- Domingo: Das 10.00 ás 16.15 horas.




