Cañi, experiencia e pegada para a liña de tres cuartos do Compos

8 de Xullo de 2025
Cañi, novo xogador da SD Compostela para a Tempada 25/26.
  • Cañi, que ven de realizar unha campaña espectacular na 3ªRFEF, firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025

Experiencia e pegada para a liña de tres cuartos da SD Compostela: Jesús Cañizares Sánchez, «Cañi» (As Pontes, 24/2/1992) é novo xogador do Compos. O atacante pontés, que vén de realizar unha campaña espectacular na 3ªRFEF, incorpórase ao equipo dirixido por Secho para contribuír a conseguir o obxectivo. Firma por unha tempada.

O novo futbolista da Esedé destaca pola súa calidade, desequilibrio e unha pegada magnífica, virtudes que lle levaron a ser diferencial esta tempada co seu equipo, o Racing Villalbés. No conxunto chairego , a pasada campaña, foi unha das pezas máis importantes do equipo nun gran ano para o club, que conseguiu disputar o playoff de ascenso. Disputou 30 partidos e anotou 13 goles.

Cañi iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do C.D. As Pontes, cunha tempada intermedia no Racing de Ferrol de División de Honra Xuvenil. Foi, con todo, co club onde se formou co que logrou debutar en Terceira Federación co primeiro equipo.

No verán de 2013, o seu talento levouno ao R.C. Deportivo para formar parte do Fabril. No filial branquiazul, Cañi viviu dúas campañas intensas: a primeira, sendo crucial para o equipo, onde disputou 33 partidos (27 como titular e 5 goles); e a segunda, na que puido demostrar o seu olfacto goleador con 7 dianas en 15 titularidades.

Tras o seu periplo na Coruña, Cañi volveu ao As Pontes, a súa casa, para logo fichar polo C.C.D. Cerceda na tempada 2016/17, onde se converteu nun piar fundamental, participando en 41 encontros, 36 deles desde o inicio. A tempada 2017/18 foi a da súa explosión goleadora na S.D. Silva, marcando 13 goles. Este bo rendemento abriulle as portas do Bergantiños C.F. para a 2018/19, aínda que a súa estancia en Carballo só durou un ano. Os seus últimos destinos antes do Racing Villalbés foron o Somozas e El Álamo, equipo madrileño de Terceira División

Co obxectivo de lograr o ascenso a Segunda RFEF, Cañi chega ao Compos con moita ilusión de poñerse baixo as órdenes de Secho.

Benvido, Cañi!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.