Valín, velocidade e proxección ofensiva para a banda do Compos

10 de Xullo de 2025
Valín, novo xogador da SD Compostela.
  • Valín regresa a Galicia para buscar o ascenso co Compos

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

Un lateral con percorrido para a defensa compostelanista: Jorge Valín Sánchez (A Coruña, 07/01/2000) é novo xogador da SD Compostela. O futbolista coruñés, tras unha campaña en Andorra, regresa a Galicia para buscar o ascenso co Compos. Firma por unha tempada.

O Compos faise cos servizos dun lateral destro que destaca especialmente pola súa velocidade, a súa proxección ofensiva e a súa capacidade para xerar perigo desde a banda coas súas subidas ou os seus centros.

Desta forma, Valín regresa a Galicia, onde destacou nas filas do Deportivo. Canteirán do cadro herculino, chegou a debutar en Segunda División e formou parte do primeiro equipo durante unha tempada e media na Segunda B, para un total de 16 partidos disputados. Ademais, co Fabril, xogou tamén 42 encontros, repartidos en tres campañas, dúas elas aínda en idade xuvenil e na Segunda División B.

Chega ao Compos tras unha última tempada no UE Santa Coloma, da Primeira División de Andorra. Xogou 20 partidos, doce coma titular, marcando ademais un gol e repartindo unha asistencia.

Esta foi a súa última experiencia lonxe de Galicia, nunha etapa na que tamén vestiu as camisetas do Cornellà e Numancia, de Primeira Federación; e do A Nucía, de Segunda Federación.

Tras este periplo polo fútbol nacional e andorrano, ficha no Compos coa ilusión de conseguir o ascenso a Segunda RFEF.

Benvido, Valín!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ CD DERIO 👉 Citados todos os xogadores dispoñibles para os 1/16 de final da #CopaFederación, co regreso de Pablo Crespo e a entrada de Arrojo, da Canteira Picheleira #composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMOS PARTIDOS CONFIRMADOS⚽️ Xornada 3🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭⚽️ Xornada 4🆚 SD Eibar B🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ CD Areitio 1#compossestao #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.