Aarón Martínez, mocidade e talento para o lateral do Compos

11 de Xullo de 2025
Aarón Martínez, novo xogador da SD Compostela.
  • Aarón Martínez chega desde o Xuvenil de División de Honra do Celta

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025

A SD Compostela incorpora talento e mocidade para a súa liña defensiva: Aarón Martínez Ribeiro (Redondela, 30/05/2006) é novo xogador do Compos. O mozo lateral esquerdo, con ficha sub23, chega do Xuvenil de División de Honra do RC Celta de Vigo e firma por unha tempada.

Aarón Martínez é un futbolista con proxección, que destaca polo seu bo golpeo de balón, a súa capacidade para asociarse, así como polas súas calidades defensivas, as cales demostrou á perfección esta pasada campaña no Xuvenil A do Celta.

Proba diso, esta pasada tempada, a nova fichaxe compostelanista foi o segundo xogador con máis minutos do seu equipo. En total, disputou 2.450 minutos repartidos en 29 partidos, 27 deles como titular, afianzándose como o dono e señor da banda esquerda celeste.

Tras esta brillante campaña, Aarón Martínez, formado nas categorías inferiores do CD Choco, club no que desenvolveu todo o seu periplo de base ata este último ano, vivirá a súa primeira experiencia como sénior en Compostela, onde agarda seguir demostrando o seu gran porvir.

Con moita ilusión e moitas gañas, buscará axudar ao Compos a lograr o obxectivo do ascenso.

Benvido, Aarón!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.