-
Suso Álvarez chega desde o Cordeiro e estará acompañado por Raúl Bralo, Noé Freire e Manuel Antelo
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2025
Jesús Álvarez Castro (Padrón, 26/12/1990), “Suso”, novo adestrador do Xuvenil A da S.D. Compostela para a Tempada 2025/26. O técnico padronés chega desde o Cordeiro, onde estivo as tres últimas campañas, para liderar a un equipo que competirá, por quinta tempada consecutiva, na División de Honra, máxima categoría do fútbol nacional xuvenil.
No banco do principal equipo da Canteira Picheleira, Suso Álvarez estará acompañado por Raúl Bralo e Noé Freire; ademais de Manuel Antelo, delegado.
Suso chega ao Compos despois dunha última tempada no Cordeiro na que disputou o playoff de ascenso a Preferente Futgal co conxunto padronés.
Ademais da súa experiencia de tres campañas no Cordeiro, tamén conta con pasado no Flavia e o Dodro, así como no Ulla Pontecesures e Dodro, no fútbol base.
Benvido e moita sorte, Suso!





