-
Cañi, que ven de realizar unha campaña espectacular na 3ªRFEF, firma por unha tempada
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025
Experiencia e pegada para a liña de tres cuartos da SD Compostela: Jesús Cañizares Sánchez, «Cañi» (As Pontes, 24/2/1992) é novo xogador do Compos. O atacante pontés, que vén de realizar unha campaña espectacular na 3ªRFEF, incorpórase ao equipo dirixido por Secho para contribuír a conseguir o obxectivo. Firma por unha tempada.
O novo futbolista da Esedé destaca pola súa calidade, desequilibrio e unha pegada magnífica, virtudes que lle levaron a ser diferencial esta tempada co seu equipo, o Racing Villalbés. No conxunto chairego , a pasada campaña, foi unha das pezas máis importantes do equipo nun gran ano para o club, que conseguiu disputar o playoff de ascenso. Disputou 30 partidos e anotou 13 goles.
Cañi iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do C.D. As Pontes, cunha tempada intermedia no Racing de Ferrol de División de Honra Xuvenil. Foi, con todo, co club onde se formou co que logrou debutar en Terceira Federación co primeiro equipo.
No verán de 2013, o seu talento levouno ao R.C. Deportivo para formar parte do Fabril. No filial branquiazul, Cañi viviu dúas campañas intensas: a primeira, sendo crucial para o equipo, onde disputou 33 partidos (27 como titular e 5 goles); e a segunda, na que puido demostrar o seu olfacto goleador con 7 dianas en 15 titularidades.
Tras o seu periplo na Coruña, Cañi volveu ao As Pontes, a súa casa, para logo fichar polo C.C.D. Cerceda na tempada 2016/17, onde se converteu nun piar fundamental, participando en 41 encontros, 36 deles desde o inicio. A tempada 2017/18 foi a da súa explosión goleadora na S.D. Silva, marcando 13 goles. Este bo rendemento abriulle as portas do Bergantiños C.F. para a 2018/19, aínda que a súa estancia en Carballo só durou un ano. Os seus últimos destinos antes do Racing Villalbés foron o Somozas e El Álamo, equipo madrileño de Terceira División
Co obxectivo de lograr o ascenso a Segunda RFEF, Cañi chega ao Compos con moita ilusión de poñerse baixo as órdenes de Secho.
Benvido, Cañi!




