Roi Graumann, un gato para a portería do Compos

21 de Xullo de 2025
Roi Graumann, novo porteiro da SD Compostela.
  • Roi Graumann, de 20 anos, chega do Pontevedra B e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

Un novo gato para a portería da SD Compostela 2025/26: Roi Graumann López (Vigo, 09/01/2005). O mozo porteiro de 20 anos reforza a meta do Vero Boquete, á que chega tras a súa estrea como sénior no Pontevedra B. Terá ficha sub-23 e firma por unha tempada.

O novo porteiro do Compos vivirá a súa segunda campaña como sénior tralo seu debut no filial do Pontevedra, de Preferente Futgal. Co cadro granate disputou 22 partidos de Liga, todos como titular, deixando a portería a cero en 6 encontros. A súa achega axudou ao equipo para terminar a liga en novena posición.

En categorías inferiores, Roi Graumann formouse na base do RC Celta, na que foi escalando categorías ata chegar a Liga Nacional no seu primeiro ano xuvenil. No seu segundo ano asinou no Val Miñor, co que disputou un curso en Nacional e outro en División de Honra, despois de conseguir o ascenso.

Aos seus 20 anos, chega ao Compos coa ambición de seguir crecendo e de demostrar as súas grandes calidades baixo paus, achegando todo o seu traballo para acadar o ascenso.

Benvido, Roi!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU Club Portugalete Fundado 1909 🆚️ COMPOS📸 Nacho Castaño #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Portugalete#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
MAÑÁ DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🏟️ La Florida🕦 11:30 horas🎟️ 16€ Adultos | 8€ 15-24 Anos | 2€ 6-14 Anos📺 www.footballclub.pro/#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Club Portugalete Fundado 1909 👉 Os nosos xa iniciaron a viaxe para o País Vasco#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 2🩵🤍 O adestrador do Compos analizou como está o plantel, as claves do partido contra o Portugalete e o estilo que quere imprimirlle ao equipo #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.