Nova vitoria do Compos nun partido de goles

19 de Outubro de 2025
Armental celebra o seu primeiro gol coa camiseta do Compos.
O Compos celebra un dos goles na vitoria 3-2, partido de goles, contra o Lugo B.
Partido de goles. 3-2 final nun partido no que Maceira marcou o seu segundo gol na Liga.
Parapar marcou o terceiro tanto do Compos no partido.
  • O Compos superou por 3-2 ao Lugo B na casa, nun partido de goles, e segue no máis alto da táboa

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2025

Suma e segue o Compos na casa. Nova vitoria no Vero Boquete, tres novos puntos e o equipo segue no máis alto da clasificación. Fíxoo nun partido de goles, no que superou por 3-2 ao Lugo B.

Na primeira parte, a través da solidez atrás, o Compos foi crecendo e acabouse atopando o gol nos compases finais. Primeiro, pasada a media hora de partido, cunha cabezada de Armental, no segundo pau, tras un gran centro de Diego Rodríguez. Primeiro gol do extremo na Liga e primeiro da tarde tamén.

E xa no desconto, Maceira ampliou a vantaxe, tras gañar a acción aos defensas e definir á perfección na área, mandándoa á rede ao segundo intento. 2-0 e descanso.

Á volta dos vestiarios, o Compos seguiu a por máis e acabou atopando o premio do 3-0 tras un penalti cometido sobre Goris. Encargouse Parapar de lanzalo, como o domingo pasado, e volveu marcar. 3-0 aos 65 minutos nun partido de goles que os nosos tiñan onde querían.

O partido parecía encarrilado, pero o Lugo B meteuse nel cun tanto de Samu. E nos compases finais, máis aínda, tras transformar Ibe un penalti. 3-2.

Con todo, o Compos soubo aguantar e a vitoria, unha máis, quedou na casa. Tres puntos importantes, nun partido de goles, para seguir encabezando a táboa clasificatoria. A próxima fin de semana, novo reto coa visita ao Alondras.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Diego Rodríguez, Mateo, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Goris (Quico, min.82); Parapar (J. Cañizares, min.67), Antón Guisande (Porrúa, min.18), Adrián Armental (Trasi, min.67); e Maceira (Carlos López, min.67).

2 – CD LUGO B: Mateo Suárez; Noah (Fran, min.79), Diaz, Tomás, Marcos (Vini, min.68); Nico, García (Tirado, min.68); Samu (Samu Rozas, min.79), Mateo (Arao, min.68), Aday; e Ibe.

GOLES: 1-0: Adrián Armental, min.36; 2-0: Maceira, min.45+1; 3-0: Parapar, min.66; 3-1: Samu, mi.68; 3-2: Ibe (p.), min.84.

ÁRBITRO: Sergio Espasandín (A Coruña). Amoestou a Adrián Armental, Pablo Crespo e Álex Cobo, polo Compos; e a Noah e Mateo, polo Lugo B.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 7 do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.110 espectadores. Antes do inicio, a Peña Fonte Sequelo, que cumpriu o seu 25 aniversario, realizou o saque de honra.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

41 minutes ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.