-
Un gol en cada parte, obra de Maceira e Guisande, permiten ao Compos sumar os tres puntos
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2025
Suma e segue do Compos na casa. Tres partidos, tres vitorias. Os nosos dominaron ao Silva no Vero Boquete e conseguiron os tres puntos tras gañar por 2-0. Un triunfo para volver á boa senda e para manter o liderado.
O encontro, dominado de principio a fin, comezouse a decantar nos minutos finais da primeira parte, cando Maceira, que debutaba como titular, remachou de cabeza á rede un centro de Armental. O seu primeiro tanto da tempada.
E na segunda parte, tras varios achegamentos e pasada a hora de partido, decantouse a contenda grazas a Antón Guisande. O atacante apareceu ás costas da defensa, foise en solitario e definiu á perfección no man a man. O seu segundo gol en Liga.
Co 2-0 pechouse o partido e selouse o cuarto triunfo na liga para seguir líderes con 13 puntos. A próxima fin de semana, visita ao Gran Peña para seguir no alto da táboa.
FICHA TÉCNICA
2 – SD COMPOSTELA: A. Cobo; Valín, Diego Rodríguez, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu (Parapar, min.67); Adrián Armental (Porrúa, min.76), Goris (Mateo, min.76), Antón Guisande (Trasi, min.86); e Maceira (J. Cañizares, min.67).
0 – CLUB SILVA SD: Mini Buggi; Bili, Seydi, Adrián, Lema (Covelo, min.46); Carletto (Carro, min.55), Moure, A. Montero, Baldomar (Parafita, o meun.74); Álex Ares (Nico, min.55) e Rodrigo (Joao Paulo, min.74).
GOLES: 1-0: Maceira, min.41; 2-0: Antón Guisande, min.73.
ÁRBITRO: Adam Rodríguez (Ourense). Amoestou a Álex Cobo, polo Compos.
INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 5 do Grupo 1 da Terceira Federación disputado ante 1.367 espectadores.







