O Compos consegue un punto na Illa de Arousa

28 de Setembro de 2025
Antón Guisande encarando a un rival no partido na Illa de Arousa.
Diego Uzal foi un mariscal no medio contra o Céltiga.
Lanzamento de penalti de Mateo que acabou na rede.
Mateo celebra o seu primeiro gol co Compos, que serviu para o empate na Illa de Arousa.
Secho, nun momento do partido contra o Céltiga na Illa de Arousa.
Trasi gozou dos seus primeiros minutos da tempada co Compos.
  • Un tanto de Mateo, na segunda metade, puxo a igualada no marcador

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2025

A SD Compostela sumou un punto máis en Liga na súa visita á Illa de Arousa. Os nosos empataron 1-1 contra o Céltiga, nun duelo igualado, cun gol por parte. A primeira igualada permite ao Compos chegar aos 10 puntos.

No duelo, os locais adiantáronse mediada a primeira parte, cun disparo de lonxe de Adrián que entrou pola escuadra, resultado co que se chegou ao descanso.

A pesar diso, o Compos reaccionou e na segunda parte, nada máis arrincar, logrou a igualada. Fíxoo desde o punto de penalti, no 49, grazas ao tanto de Mateo, quen provocara a pena máxima cunha falta que se estrelou na man dun rival.

Co empate, os nosos fóronse a pola vitoria, rozando o segundo tanto en varias accións a balón parado, pero esta vez a pelota non entrou.

Por iso, 1-1 final para seguir invictos, sumar xa 10 puntos e subir ao liderado en solitario. A próxima semana, novo partido na casa contra o Silva.

FICHA TÉCNICA

1 – CÉLTIGA FC: Manu Táboas; Santi Figueroa, Arnosi, Rubi Casas; Nico, Óscar, Julio Rey, Álex Rodríguez (Anxo, min.89); Marcos Blanco (Giráldez, min.66), Sobrido (Munín, min.82) e Adrián Rodríguez (Jordan, min.82).

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Damián Noya, min.76), Quico, Pablo Crespo, Diego Rodríguez; Diego Uzal, Mateo (Trasi, min.84); A. Armental (Samu, min.76), Antón Guisande (Porrúa, min.76), J. Cañizares (Maceira, min.46); e Carlos López.

GOLES: 1-0: Adrián Rodríguez, min.36; 1-1: Mateo (p.), min.49.

ÁRBITRO: Amoestou a Rubi Casas e Álex Rodríguez, polo Céltiga; e a Pablo Crespo, Quico e Trasi, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Salvador Otero (A Illa de Arousa). Xornada 4 do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante uns 600 espectadores. Gran presenza de afeccionados do Compos, que se fixeron notar.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.