Tres puntos de ouro cun novo gol de Maceira

16 de Novembro de 2025
Diego Uzal celebrando o seu primeiro gol coa camiseta do Compos.
Armental, colocando un centro á área.
Parapar foi un dos destacados no derbi contra o Noia.
Maceira celebrando o seu quinto gol na tempada.
Maceira, acompañado polos seus compañeiros, celebra o gol da vitoria coa afección.
  • O Compos levou o derbi contra o Noia, 2-1, tras embocar Maceira nos minutos finais

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2025

O Compos volveu saborear a vitoria na casa e fíxoo, coa mellor sensación, a dun gol no 90. O pichichi Maceira apareceu na última xogada para fusilar á rede e deixar a vitoria na casa. Tres puntos de ouro para seguir no máis alto da clasificación.

Na primeira parte, comezou ben o Compos, pero os primeiros en adiantarse serían os visitantes, aos 20 minutos, grazas a un gol de Fuentes. A pesar diso, reaccionaron rápido os nosos, que igualaron a contenda tan só dez minutos máis tarde. Tras varios achegamentos, finalmente atopou o premio Diego Uzal, que fusilou á rede unha asistencia de Valín.

Con igualada chegouse ao intermedio e tocaba seguir remando na segunda parte. O Compos foise ao ataque, elaborando para xerar o maior perigo posible. Tívoas nas botas de Mateo, de Damián Noya, de Antón Guisande ou de Maceira, pero Brais sacou varias boas mans para evitar o tanto branquiazul.

Con todo, quedaba a última. Co equipo cargando a área, a pelota caeu no segundo pau para que Maceira, de primeiras, a empalase con potencia ao fondo da rede. Golazo para levar o delirio á bancada. O seu quinto gol na Liga e a remontada completada.

Con ese 2-1 chegouse ao final e o triunfo quedou na casa. O Compos volve gañar tras dous empates e segue na primeira posición da liga.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Diego Rodríguez, Pablo Crespo, Damián Noya (Antón Guisande, min.59); Diego Uzal (Mateo, min.46), Samu, Goris (Carlos López, min.46); Parapar, Adrián Armental (J. Cañizares, min.59) e Maceira (Quico, min.90).

1 – CF NOIA: Brais; Paco, David Noya, Xabi (Queiruga, min.62), Izan; Mario Constenla; Mario Regueiro (Manu, min.62), Javi Muiño (Adrián, min.62), Axel Sánchez, Rachu (Yerai, min.88); e Diego Fuentes (Lautaro, min.80).

GOLES: 0-1: Diego Fuentes, min.21; 1-1: Diego Uzal, min.30; 2-1: Maceira, min.89.

ÁRBITRO: Alejandro Gómez (Pontevedra). Amoestou a Diego Uzal, Damián Noya, Valín e Samu, polo Compos; e a David Noya, Axel Sánchez e Paco, polo Noia.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 11 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputada ante 1.223 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.