Empate para chegar ao parón no liderado

23 de Novembro de 2025
Maceira marcou en Arteixo e permitiu aos nosos sumar un novo punto.
Celebración de Maceira tralo seu sexto gol na Liga.
Antón Guisande nun momento do partido en Arteixo.
Cañi regresou á titularidade contra o Atlético Arteixo.
Mateo Arellano, regateando a un rival.
Álex Cobo realizando unha gran parada en Ponte dos Brozos.
  • O Compos igualou 1-1 en Arteixo, con gol de Maceira, nun duelo moi traballado

Arteixo, 22 de novembro de 2025

A SD Compostela sumou un novo punto na Liga e chega ao primeiro parón ligueiro no máis alto da táboa. 1-1 final, cun novo gol de Maceira, que permite aos nosos seguir no máis alto.

O duelo en Arteixo foi un choque moi igualado, no que a solidez defensiva levou ao Compos a atopar o premio. No 24, Maceira cazou un balón solto no bordo da área e mandouno á rede, unha xornada máis. O seu sexto gol xa no que vai de liga.

E puideron ser dous, porque pasada a media hora, tivo outra moi similar, tras deixada de Quico, pero a pelota escapouse rozando o pau. Por iso, chegouse ao descanso con 0-1.

Esa vantaxe mínima animou á escuadra local que, na segunda metade, atopou un gol nunha acción illada, no 65, obra de Otero.

De aí ao final, ambos tentárono, pero o marcador xa non se moveu. Repartición de puntos e o Compos que segue líder. Agora, tocará unha fin de semana sen fútbol pola disputa da Copa das Rexións pola Selección Galega e, á volta, partidazo no Vero Boquete contra o Arousa.

FICHA TÉCNICA

1 – Atlético Arteixo: Hevia; Moreta, Agulló, Chucas, Marcos Aller; Fabio (Pablo Naya, min.85), Queijeiro; Raúl Melo, Jota (Vivito, min.85), Iker (David Rojo, min.59); e Otero (Rubo, min.76).

1 – SD Compostela: Álex Cobo; Valín, Quico, Pablo Crespo, Damián Noya (Diego Rodríguez, min.65); Antón Guisande (Adrián Armental, min.73), Mateo, Diego Uzal, J. Cañizares (Parapar, min.65); Carlos López (Samu, min.73) e Maceira.

Goles: 0-1: Maceira, min.24; 1-1: Otero, min.65.

Árbitro: Marcos Padín (Ferrol). Amoestou a Damián Noya, polo Compos.

Incidencias: Campo Municipal Ponche dos Brozos (Arteixo). Xornada 12 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF. Gran presenza de afeccionados de Santiago.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.