-
Os nosos gañaron 1-0 ao Arousa, con gol de Maceira, e aumentan a súa distancia no liderado
Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2025
A SD Compostela é máis líder: os nosos gañaron 1-0 ao Arousa na casa. Un triunfo moi sólido, cunha nova portería a cero, que lle permite ao Compos aumentar a súa renda no máis alto da táboa.
Como en xornadas anteriores, Maceira volveu ser decisivo para os compostelanistas. Un novo gol do pichichi, o seu sétimo na tempada, permitiu aos nosos sumar os tres puntos. Tras avisar nun intento previo, á segunda opción, cazou un balón solto na área e de cabeza mandouna á rede.
O tanto, pasada a media hora, veu facer méritos a un Compos que estaba a dominar na primeira parte e que estaba ao tentar cada vez que podía correr. Especialmente, tivo unha Goris, que se escapou por milímetros, e outra Armental, que sacou Chema.
Non foron eles, pero si Maceira o que marcou para levar a vantaxe ao marcador, coa que se chegou ao descanso.
Á volta dos vestiarios, o Arousa tentou dar un paso adiante, aínda que o Compos non deixou de tentalo. Probárono Maceira e Parapar desde fóra da área, pero a máis clara tívoa Goris, chegando desde segunda liña, pero Chema sacouna ben abaixo.
Nos últimos minutos, os visitantes fóronse con todo ao ataque, pero os nosos souberon defender ben o resultado. Aínda así, a mellor noticia para o Compos sería o regreso do canteirán Marco Baña, trece meses despois, aos terreos de xogo, entrando para disputar os últimos instantes do duelo.
1-0 final, tres puntos moi importantes e o Compos é máis líder. Con este triunfo, os nosos avantaxan xa en seis puntos ao segundo clasificado. A próxima semana buscarán aumentar esta renda na súa visita ao Atlético Coruña Montañeros.
FICHA TÉCNICA
1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Pablo Crespo, Diego Rodríguez; Diego Uzal, Samu (Mateo, min.86), Goris (Cañi, min.81); Parapar (Quico, min.86), Antón Guisande (Damián Noya, min.81), Adrián Armental (Marco Baña, min.69); e Maceira.
0 – AROSA SC: Chema; Torrado, Pacheco (Mario García, min.61), Samu Santos, Luis Castro; Javi Rey (Edgar, min.73); Lombao (Seijo, min.85), Remeseiro, Concheiro, Iñaki (Álex Rey, min.61); e Gabri Palmás.
GOLES: 1-0: Maceira, min.36.
ÁRBITRO: Manuel Casanova (Ourense). Amoestou a Pacheco, Álex Rey e Mario García, polo Arousa.
INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 13 de Liga do Grupo 1 da Terceira Federación disputado ante 1.785 espectadores.








