O Compos, máis líder tras gañar en Elviña

15 de Decembro de 2025
Samu anotou un golazo desde a frontal, o seu segundo da tempada.
O Compos celebrando o seu gol en Elviña Grande.
Antón Guisande nunha das xogadas do partido en Elviña.
O Compos deixou a portería a cero por segunda semana consecutiva.
  • Os nosos conseguiron unha importante vitoria 0-1 en Elviña Grande para sumar o seu segundo triunfo seguido

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2025

Un golazo de Samu desde a frontal da área permitiu ao Compos sumar unha importante vitoria en Elviña Grande, 0-1. Os nosos superaron a un Atlético Coruña Montañeiros que chegaba en gran momento, sumando tres puntos vitais para afianzar o seu liderado na clasificación. Ademais, segundo triunfo e segunda portería a cero consecutivas.

O duelo en Elviña decidiuse na primeira parte. Comezaron mellor os locais, pero aos poucos foron gañando metros os nosos ata acabar atopando o premio. Nunha boa acción de ataque, Armental puxo a asistencia rasa para a chegada de Samu e o capitán empalou de primeiras un furón que se coou por toda a escuadra. Unha obra arte para selar o seu segundo gol da campaña.

Con vantaxe no marcador, o Compos tivo máis aproximacións de perigo, pero non chegou a acertar en ningunha delas. Entre as máis claras, unha chegada desde segunda liña de Goris, na primeira parte, e un man a man de Paparar, na segunda.

Sen acerto arriba, pero moi seguros atrás, cun Álex Cobo de novo imperial, os nosos souberon gardar o resultado e a vitoria veu de Elviña para Santiago.

Con estes tres puntos, o Compos é máis líder e encara o último partido do ano, o vindeiro sábado ás 19:00 horas no Vero Boquete contra o Somozas, no máis alto da táboa.

FICHA TÉCNICA

0 – ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF: Marcos Moreno; Achore, Samu Rey, Iago López, Barbolla; Balsa (Diego Rodríguez, min.66), Unai (Nano Varela, min.79); Ogando (Álex Suárez, min.66), Dani Fernández (Juan de Dora, min.79), Cano (Otero, min.61); e Pape.

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo, Valín, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu, Goris (Quico, min.71); Parapar (Cañi, min.83); Antón Guisande, Adrián Armental (Aarón Martínez, min.71); e Maceira (Carlos López, min.83).

GOLES: 0-1: Samu, min.32.

ÁRBITRO: Adam Rodríguez (Ourense). Expulsou a César Caamaño (no banco), por protestar. Amoestou a Ogando, polo Atlético Coruña; e a Adrián Armental, Secho (no banco), Parapar, Antón Guisande e Carlos López, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo de Fútbol de Elviña Grande (A Coruña). Xornada 14 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF. Importante presenza de afeccionados chegados desde Santiago de Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo regresamos á nosa casa💪🩵🤍 Queremos o primeiro +3⃣ da Tempada!🤝 Partido patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta: sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 O equipo xa iniciou a semana para preparar o regreso da Liga á nosa casa! #compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📸 #portucompos👉 Primeira portería a cero da tempada e primeiro punto para os nosos en Portugalete✍️ sdcompostela.com/gl/2026/09/13/compos-empate-portugalete-0-0/📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
DON EDU SOUSA📸 Ignacio Castaño Gómez #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALClub Portugalete 0️⃣-0️⃣ COMPOSPrimeiro punto da tempada, nun campo complicado! A por máis!!📸 Ignacio Castaño Gómez#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.