Peche a un decembro perfecto cun 3-0 na casa

20 de Decembro de 2025
Maceira asinou, de cabeza, o seu oitavo gol na Liga.
Parapar celebra o seu gol con Maceira.
Cañi marcou o terceiro tanto do partido no Vero Boquete.
O Compos celebra un dos goles ante o Somozas.
  • O Compos goleou na casa e márchase ao parón de Nadal líder e invicto

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2025

O Compos pechou o ano cunha nova vitoria na casa. Un partido dominado de principio a fin para selar un mes de decembro perfecto, con tres vitorias en tres partidos e con 0 goles encaixados. E marchouse ás vacacións de Nadal co triunfo máis avultado da tempada, 3-0, contra o Somozas.

Baixo un intenso diluvio durante os 90 minutos, o Compos soubo dominar os tempos do encontro e acabar levándose o gato á auga.

Na primeira parte, acumulando moita posesión, atopou o gol na cabeza, unha vez máis, de Maceira. O pichichi do Compos, que suma xa oito goles na Liga, apareceu na área para mandar á rede un gran centro de Valín.

Diana coa que se chegaría ao descanso, aínda que ben puido caer outra máis, nun novo centro do lateral, pero Antón Guisande, que se adiantou ao porteiro, non acertou coa portería.

Á volta dos vestiarios, de novo Guisande, adiantaríase ao porteiro visitante, pero esta vez con mellor premio. Falta no borde da área e vermella directa para Iago. Cun máis, o Compos foi aínda máis dominador e acabou selando o triunfo.

Pasada a hora de partido, Armental subiu por banda dereita e puxo un centro medido para que Parapar, chegando en carreira, a empurrase á rede. O seu terceiro tanto da campaña.

E no 75, Cañi puxo a guinda cun golazo entrando por banda. O atacante púxoa na escuadra contraria, imposible para o porteiro, para volver marcar en Liga.

Co 3-0 final pechouse unha gran vitoria no Vero Boquete no último partido do 2025. Tres puntos cruciais para encarar o Nadal no liderado e invictos.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal (Zubanovic, min.79), Samu, Goris (Mateo, min.65); Parapar (Porrúa, min.79), Antón Guisande, Armental (J. Cañizares, min.65); e Maceira (Carlos López, min.71).

0 – UD SOMOZAS: Iago; Ivi, Dopico (Óscar, min.66), Joel, Asier; Sanmartín, Bruno (Kike, min.71); Aldán, Cambón (Pérez, min.66), Iñaki (Adrián, min.53); e Lucas Fanego (Xuco, min.71).

GOLES: 1-0: Maceira, min.25; 2-0: Parapar, min.64; 3-0: J. Cañizares, min.75.

ÁRBITRO: Alejandro Castro (A Coruña). Expulsou a Iago (min.52) con vermella directa. Ademais, amoestou a Secho (banco) e a Goris, polo Compos; e a Cambón, polo Somozas.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 15 do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 721 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.