-
Xa se pode abonar na Tenda Oficial e na web: Abónate aquí.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025.
Apoia aos nosos na segunda volta da Liga para continuar coa boa senda e conseguir o obxectivo. Xa está en marcha a Campaña de Abonos da SD Compostela “100% Picheleiro” para o que resta de tempada. Podes abonarte na Tenda Oficial ou na web: Campaña 100% Picheleiro SD Compostela.
Ademais, se te abonas antes do 18 de xaneiro, poderás acceder tamén ao último partido da primeira volta contra o Viveiro.
Prezos.
Os prezos para esta Campaña son os seguintes:
- 3-17 anos: 8€.
- 18-30 anos: 30€.
- 31-65 anos: 70€.
- Máis de 65 anos: 60€.
Bancada de Animación.
Para esta segunda volta, os abonos tamén serán só para Tribuna e manterase a posibilidade de abonarse para a Bancada de Animación, situada nunha zona do Fondo Norte anexa á Tribuna cun aforo de 561 persoas:
- Asentos non numerados, pensados para vivir o partido con intensidade.
- 5% de desconto adicional nos abonos desta zona.
100% Picheleiro inclúe:
- Acceso aos partidos de liga regular que se disputen no Estadio Vero Boquete de San Lázaro.
- Entrada a todos os amigables no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.
- Acceso aos partidos do Xuvenil División de Honra como local.
- 10% de desconto na Compostenda.
- Carné físico gratuíto.
- Reserva de asento (excepto Bancada de Animación).
Puntos de renovación e horarios.
Web oficial: sdcompostela.com.
Oficinas do Club (Estadio Verónica Boquete):
- A partir do 7 de xaneiro, de luns a xoves: das 10:00 ás 14:00 horas.
Compostenda (Rúa da Raíña, 8):
- Luns a sábado: Das 11:00 ás 14.00 e das 17:00 ás 20.30 horas.




