Comezo do ano da mellor maneira

11 de Xaneiro de 2026
Antón Guisande marcou un dobrete para selar a vitoria na Estrada.
O Compos celebra un dos goles do partido na Estrada.
Álex Cobo volveu deixar a portería a cero, a súa cuarta consecutiva.
O Compos celebra o dobrete de Antón Guisande, co que se pechou o partido.
Os nosos estiveron acompañados, unha vez máis, por unha gran presenza de afeccionados de Santiago.
  • O Compos estreou o 2026 cun novo triunfo, con dobrete de Antón Guisande e repetindo portería a cero

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2026

A SD Compostela comezou o ano 2026 igual que terminou o pasado, con vitoria e portería a cero. Os nosos encadearon o seu cuarto triunfo consecutivo, todos eles sen encaixar gol, tras superar por 0-2 ao Estradense. Tres puntos de moito valor que permiten aos branquiazuis seguir invictos e sólidos no liderado.

Na difícil saída á Estrada, o Compos demostrou unha gran solidez, especialmente no primeiro tempo. Durante 45 minutos freou ao rival, sen conceder nada atrás e sendo resolutivo en área contraria.

Así, aos 17 minutos, adiantouse no marcador. Tras un gran caneo de Parapar por banda, Antón Guisande metía a bota para mandar á rede o centro do extremo coruñés. 0-1. E antes do intermedio puido caer o segundo, pero Ale sacou un gran pé sobre a liña para despexar o tiro de Pablo Crespo desde a área pequena.

A segunda metade comezou igual que a primeira, con outra clara ocasión de Pablo Crespo, a balón parado, desbaratada polo porteiro local. Con todo, o Estradense deu un paso adiante e estivo máis próximo ao gol, aínda que a defensa e Álex Cobo, moi seguro, rexeitaron calquera perigo.

Non marcaron os locais, pero si o fixeron os nosos, xa no desconto, para sentenciar o choque. E foi de novo Antón Guisande , quen se desmarcou ao espazo para recibir a asistencia de Cañi e bater entre as pernas ao porteiro, selando a vitoria e o seu cuarto gol na tempada.

0-2 final que permite ao Compos seguir sólido no liderado. O vindeiro domingo, os nosos buscarán pechar a primeira volta invictos e sumar o quinto triunfo consecutivo contra o Viveiro no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

0 – CD ESTRADENSE: Ale; Sergio, Caraban, Landeira, Ander, Óscar (Miguel, min.37); Padín (Hugo, min.89), Raúl, Brais Vidal, Gerard (Álex Delgado, min.64); e Pedrosa.

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Diego Uzal, Pablo Crespo, Damián Noya; Samu (Quico, min.80), Goris (Carlos López, min.80); Parapar (J. Cañizares, min.66), Antón Guisande, Adrián Armental (Mateo, min.66); e Maceira (Aarón Martínez, min.89).

GOLES: 0-1: Antón Guisande , min.17; 0-2: Antón Guisande, min.90+2.

ÁRBITRO: Juan Luís Davila (Vigo). Amoestou a Miguel, polo Estradense; e a Parapar, Mateo e Valín, polo Compos.

INCIDENCIAS: Novo Campo Municipal A Estrada (A Estrada). Xornada 16 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF. Ambientazo nas bancadas, con gran presenza de afeccionados chegados desde Santiago de Compostela.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.