David Rosón, un reforzo de nivel para a medular do Compos

13 de Xaneiro de 2026
David Rosón, nova fichaxe da SD Compostela para a Tempada 2025/26.
  • O mediocentro David Rosón chega do CD Lugo e firma ata final tempada, con opción a unha máis

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026

David Rosón Fernández (Lugo, 22/05/2003) é novo xogador da SD Compostela. O mediocentro chega procedente do CD Lugo, equipo ao que estivo vinculado desde os 12 anos, e firma ata final de tempada con opción a unha máis.

Coa incorporación de David Rosón, o Compos faise cos servizos dun mediocampista cun gran despregamento físico e con capacidade para a asociación. Un “8”, aínda que tamén pode actuar na base da xogada, con moi bo pé e que, a pesar da súa mocidade, conta xa cunha notable experiencia no fútbol galego e nacional.

Nesta primeira volta da tempada, o futbolista lucense estivo nas filas do Club Deportivo Lugo, na Primeira Federación, participando nun partido de Liga. Foi o seu último servizo no club da súa vida, ao que chegou con 12 anos e no que foi escalando etapas e categorías ata chegar ao primeiro equipo.

Co filial lucense debutou como sénior na campaña 2022/23, con 19 anos, na Segunda Federación, nun ano no que foi titular indiscutible, disputando 33 partidos, nos que ademais marcou 2 goles. Rol que mantivo ao seguinte curso, na Terceira RFEF, con 32 encontros e 3 tantos. Este gran rendemento abriulle as portas do primeiro equipo, debutando en Primeira RFEF e participando en 2 duelos.

A esta ampla traxectoria na canteira lucense, hai que engadirlle tamén unha cesión ao Don Benito, a pasada tempada, na que sería protagonista en Segunda Federación, con 26 partidos disputados, 2 goles anotados e 3 asistencias repartidas.

Agora, David Rosón chega ao Compos co obxectivo de volver recuperar o seu mellor fútbol sobre o verde. Con esa ilusión, e co obxectivo de axudar ao equipo a lograr o ascenso, súmase hoxe aos adestramentos e, se o corpo técnico o considera, estará dispoñible para debutar este domingo no Vero Boquete.

Benvido, Rosón!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.