-
O Compos pechou a 1ª volta gañando 3-1 ao Viveiro, con dobrete de Maceira e gol de Cañi, para ser máis líder
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2026
O Compos é máis líder tras lograr a quinta vitoria consecutiva na Liga. Os nosos superaron por 3-1 ao Viveiro na casa para pechar unha primeira volta perfecta, na que a SD Compostela acaba invicta. Foi un triunfo de mérito tras remontar na segunda parte.
O partido comezou con dominio compostelanista, con claras opcións para marcar nas botas de Antón Guisande, Armental, Maceira e Goris, pero en todas elas o porteiro visitante rexeitou os intentos dos nosos.
Con todo, cando parecía que se chegaría ao descanso con igualada, o Viveiro aproveitou unha contra, tras un saque de falta do Compos, para marcar cunha carreira de Esquerdeiro. 0-1.
Tralo paso polos vestiarios, o Compos seguiu insistindo e atopou o premio cando entraron os primeiros cambios, un deles Rosón, que asinou un gran encontro na súa estrea como compostelanista. En dez minutos de vertixe, deulle a volta ao marcador con tres acciones seguidas de gol.
No 71, Parapar atopou ao espazo a Armental, este avanzou pola banda e puxo una picada perfecta por encima do porteiro para que Maceira marcase a portería baleira. 1-1.
No 74, de novo Armental sería clave, esta vez aparecendo polo centro, para deixar outro gran servizo para Maceira, que regateou ao porteiro e marcou a portaría baleira. 2-1, dobrete de asistencias para Armental e de goles para Maceira que selaba o seu décimo gol en liga.
E no 79, a guinda. Antón Guisande apareceu ás costas da defensa para gañar a acción e deixar a pelota a Cañi, que controlou e superou a pracer ao porteiro visitante. 3-1 e partido pechado.
Coa clara vantaxe, o partido baixou pulsacións e chegouse ao final co 3-1. Quinta vitoria consecutiva para o Compos que pecha a primeira volta invicto e máis líder, con dez puntos de marxe sobre o segundo clasificado. A semana próxima tentará comezar igual a segunda metade do campionato na visita ao Barco.
FICHA TÉCNICA
3 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Diego Uzal, Pablo Crespo (Diego Rodríguez, min.63), Damián Noya; Samu (Cañi, min.63), Goris (Rosón, min.63); Parapar (Charly, min.71), Antón Guisande, Adrián Armental (Aarón Martínez, min.84); e Maceira.
1 – VIVEIRO CF: Valentín; Nacho (Carlos, min.73), Diogo, Diego, Jacobo (Arturo, min.77), Esquerdeiro; Cora (Henry, min.73), Álvaro, Rolle, Koval; e Lansade (Ayoub, min.90).
GOLES: 0-1: Esquerdeiro, min.44; 1-1: Maceira, min.71; 2-1: Maceira, min.74; 3-1: Cañi, min.79.
ÁRBITRO: Adrián González (Ourense). Amoestou a Pablo Crespo, Maceira e Aarón Martínez, polo Compos; e a Jacobo e Koval, polo Viveiro.
INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 17 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.386 espectadores. Antes do partido, Samu recibiu unha camiseta conmemorativa polos 250 partidos xogados coa SD Compostela.








