Primeira derrota tras 18 xornadas

26 de Xaneiro de 2026
Minuto de silencio gardado no partido contra o Barco na memoria dos afectados polos accidentes ferroviarios.
O Compos estivo acompañado pola súa afección no Barco.
Álex Cobo non puido deixar a súa portería a cero.
Valín, superando a un defensa del Barco.
Samu, capitán do Compos no partido de Calabagueiros.
Quico volveu ao once titular contra o Barco.
Antón Guisande, pola banda do Compos.
  • O Compos caeu no Barco no inicio da segunda volta

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2026

Tras 17 xornadas invictos, o Compos sufriu a primeira derrota da tempada. Os nosos caeron por 2-0 na súa visita ao Barco, no que era o inicio da segunda volta do campionato.

O partido estivo marcado por dúas accións a balón parado, unha en cada parte e ambas rematadas por Rabil á rede. O Compos tentou reaccionar, pero por primeira vez na campaña quedou sen poder marcar.

A pesar da derrota, o Compos segue como sólido líder, con sete puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado. O vindeiro domingo tocará recuperar sensacións e volver á senda do triunfo na casa contra o Boiro.

FICHA TÉCNICA

2 – CD BARCO: Imanol, Raúl Paz, Andrés Calvo, Rabil, Brian Castro (Wacho, min.71), Manu Rodríguez (Óscar Martín, min.82), Juanma Justo (Carlos Cruz, min.78), Noel, Brian Danzarín, Santín (Sidibé, min.71) e Freiría.

0 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Rosón, min.59), Quico (Diego Rodríguez, min.59), Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu (Cañi, min.59); Parapar (Charly, min.59), Antón Guisande (Goris, min.75), Adrián Armental; e Maceira.

GOLES: 1-0: Rabil, min.37; 2-0: Rabil, min.57.

ÁRBITRO: Iván Abel (Lugo). Amarelas a Manu Rodríguez, Brian Danzarín e Sidibé, polo Barco.

INCIDENCIAS: Campo de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras). Jornada 18 de lGrupo 1 da Terceira RFEF.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.