Unai Peón, mocidade e calidade para o medio

29 de Xaneiro de 2026
Unai Peón, nova fichaxe da SD Compostela.
  • O Compos ficha ao centrocampista guipuscoano Unai Peón, procedente do Atlético Coruña, que firma ata 2027

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2026

A SD Compostela segue reforzándose para a segunda volta: Unai Peón Cuesta (San Sebastián, 18/04/2004) é novo xogador compostelanista. O novo mediocentro, de 21 anos, chega procedente do Atlético Coruña Montañeiros e firma ata xuño de 2027.

Unai Peón é un mediocentro polivalente, que pode actuar tanto en calquera posición do centro do campo como de central, cunha gran proxección e que destaca pola súa capacidade de liderado, o seu percorrido e o seu manexo do balón. Con ficha sub23, vén demostrando o seu gran rendemento nas filas do equipo coruñés, onde foi peza fundamental durante as tres tempadas.

Así, a nova fichaxe branquiazul ponse ás ordes de Secho tras unha gran primeira volta na que disputou 17 dos 18 partidos de liga, 16 deles como titular, para superar xa os 1.300 minutos de xogo, no que está a ser o seu debut na Terceira RFEF.

Deste xeito, consolidou o nivel que xa viña demostrando en Preferente, con dúas tempadas e media (a primeira media campaña sendo xuvenil) nas que xogou 86 partidos, sendo un dos líderes dun equipo que logrou o ascenso a Terceira, así como unha Copa Coruña.

Anteriormente, a nova fichaxe branquiazul destacou nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo, onde estivo ata División de Honra.

Agora, Unai Peón chega ao Compos para dar un paso máis na súa carreira deportiva e axudar ao equipo a acadar o ascenso. Con ese obxectivo, e tras firmar o seu novo contrato, mañá súmase aos adestramentos do primeiro equipo.

Benvido, Unai.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.