O Compos cede dous puntos no último minuto

1 de Febreiro de 2026
Os nosos marcaron no minuto 1, pero encaixaron no último minuto o empate.
Rosón debutou como titular no Vero Boquete.
O partido disputouse baixo unha intensa choiva, que complicou a práctica do fútbol.
Os nosos celebran o gol de Parapar.
Unai Peón debutou como novo xogador da SD Compostela no Vero Boquete.
  • Os nosos empataron 2-2 contra o Boiro tras un gol dos visitantes no último minuto

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2026

A SD Compostela rozou a vitoria na casa, pero cedeu dous puntos no último minuto. Un gol de Yago Insua, na última xogada do partido, privou aos nosos de volver á senda da vitoria. 2-2 final para un Compos que segue como sólido líder.

O partido comezou da mellor maneira para o Compos, que marcou no primeiro minuto, cun gran disparo cruzado de Antón Guisande. Puido ampliar a vantaxe con disparos de Goris e Parapar, pero os que marcaron foron os visitantes, cunha falta de Mario Prol que se coou na rede. Con ese 1-1 chegouse ao intermedio.

Baixo unha intensa choiva continuou unha segunda metade moi igualada, na que os nosos volveron pegar primeiro. Un gran centro de Armental ao segundo pau remachouno Parapar á rede para pór o 2-1 no luminoso. Coa vantaxe no marcador, debutou Unai coa camiseta do Compos e parecía que este sería el resultado final, pero o Boiro igualou na última acción, cun bo tiro de Yago Insua.

Co 2-2 chegouse ao final, un empate que mantén ao Compos líder, con seis puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado. A próxima semana, os nosos tentarán volver á senda da vitoria, tras dúas semanas sen gañar, na súa visita ao Cambados.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Diego Rodríguez, min.69), Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Rosón (Unai, min.69), Goris (J. Cañizares, min.76); Parapar (Aarón Martínez, min.87), Antón Guisande, Armental (Samu, min.76); e Maceira.

2 – CD BOIRO: Borja Rey; Zambrana, Ozores (Yago Insua, min.71), Aram, Iago Martínez, Facu Moreyra; Romero (Bruno, min.80), Diego Enjamio, Mario Prol (Juanma, min.80); Víctor Casais (Yago García, min.71) e Landeira (Adri Castro, min.61).

GOLES: 1-0: Antón Guisande, min.1; 1-1: Mario Prol, min.36; 2-1: Parapar, min.58; 2-2: Yago Insua, min.90+4.

ÁRBITRO: Yago Iñarrea (Pontevedra). Amoestou a Pablo Crespo, Damián Noya, Valín e Parapar, polo Compos; e a Ozores e Tizón (banco), polo Boiro.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 19 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.312 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.