O Compos estrea a marcadora de vitorias na segunda volta

15 de Febreiro de 2026
O Compos celebra o gol da vitoria no Vero Boquete.
Parapar celebra o tanto co que o Compos estreou a marcadora de vitorias na segunda volta.
Damián Noya tivo que retirarse lesionado do partido.
Unai Peón debutou coma titular e deu unha asistencia de gol.
Armental anotou un auténtico golazo pola escuadra para abrir o marcador.
  • Os nosos superaron por 2-1 ao Céltiga para lograr o primeiro triunfo da segunda volta

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2026

Tras varias xornadas, o Compos estreou a marcadora de vitorias na segunda volta. Os nosos superaron por 2-1 ao Céltiga, na casa, para consolidar o liderado. Un duelo igualado que levou o cadro branquiazul con dous tantos de Armental e Parapar.

O partido no Vero Boquete, baixo unha choiva persistente, comezou moi igualado, con dous equipos que tiñan moi claro o seu plan e coas defensas dominando sobre os ataques. Así, salvo un intento de Parapar, que non puido finalizar, non se viron grandes ocasións, polo que se chegou ao intermedio coa igualada inicial.

Con todo, nada máis arrincar a segunda metade, todo mudou. No primeiro minuto, Armental facía unha obra de arte para colocar o balón na escuadra contraria. Un gol de bandeira que levantou ao público do seu asento. 1-0.

Con todo, os visitantes sobrepuxéronse rápido e aos catro minutos puxeron as táboas de novo no luminoso ao transformar Adrián Rodríguez un penalti.

Co 1-1, o Compos buscou electricidade para atopar os espazos na sólida defensa visitante, aínda que lle custaba acertar no último pase. E de tanto tentalo, atopounos. Sería nas botas de Unai, que se estreou hoxe como titular.

A última fichaxe compostelanista rompeu liñas desde atrás cunha cabalgada de moito nivel e, cando chegou á área rival, tivo a temperanza para pola coa zurda ao segundo pau para a entrada de Parapar que, ante tan bo servizo, só tivo que meter a cabeza para empuxala á rede. Un golazo, delirio na bancada e o quinto gol do extremo coruñés na liga.

Co 2-1, os nosos amornaron os ánimos, dominaron a pelota e impediron calquera indicio de reacción visitante. Deste xeito, selouse un sólido triunfo que permite ao Compos estrear a marcadora de vitorias na segunda volta e gañar terreo no liderado.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Pablo Crespo, Damián Noya (Aarón Martínez, min.34); Diego Uzal, Unai (Rosón, min.83), Samu (Goris, min.71); Parapar, Antón Guisande, Armental (Cañi, min.71); e Maceira (Charly, min.71).

1 – CÉLTIGA FC: Antón Pérez; Nicolás del Río, Pedro Delgado (Carlos Gómez, min.68), Arnosi, Rubén Casás, Álex Rodríguez (Santi Figueroa, min.56); Julio Rey (Sobrido, min.76), Óscar Iglesias, David Giráldez, Anxo Llanos (Dani Prada, min.56); e Adrián Rodríguez (Marcos Blanco, min.76).

GOLES: 1-0: Armental, min.46; 1-1: Adrián Rodríguez (p.), min.50; 2-1: Parapar, min.81.

ÁRBITRO: Sergio Arredondas (Vigo). Amoestou a Valín, Damián Noya e Parapar, polo Compos; e a Rubén Casás e Pedro Delgado, polo Céltiga.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 21 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.047 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.