Riki Mangana regresa ao Compos e reforza a defensa branquiazul

20 de Febreiro de 2026
Riki Mangana, novo xogador da SD Compostela.
  • O lateral Riki Mangana volve á SD Compostela tras unha experiencia internacional no fútbol venezolano

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026

Riki Mangana regresa á SD Compostela. O defensa Ricardo Enrique Mangana Barbera (Caracas, 22/09/99) volve ao Compos despois de dous anos e faino co obxectivo de axudar ao equipo a lograr o ascenso. Firma ata final de tempada.

Como demostrou na súa etapa en Compostela, Riki Mangana é un lateral polivalente, que pode actuar por ambas as bandas e mesmo de central, con capacidade para sumarse ao ataque, pero tamén con moi boas calidades defensivas. Ademais, aos seus 26 anos suma unha importante experiencia futbolística, tanto a nivel nacional como internacional.

Coa camiseta branquiazul, o defensa venezolano suma 39 encontros en Segunda Federación, repartidos nunha tempada e media na que disputou unha fase de ascenso á Primeira RFEF.

Trala súa saída do Compos, Riki Mangana pasou polas filas do Ourense CF, co que lograría o ascenso á Primeira Federación; e polo Talavera, onde coincidiu con Parapar, antes de emprender unha aventura futbolística polo seu país natal. En Venezuela, xogou no Puerto Cabello, equipo co que disputaría a Conmebol Suramericana, segunda competición internacional oficial de América do Sur; e polo Estudiantes de Mérida, a súa última experiencia.

Do mesmo xeito, tamén cabe sumarlle a súa bagaxe previa na canteira do RC Celta de Vigo, o Guijuelo, o Coruxo e a Cultural Leonesa, todos eles xogando na Segunda División B. Ademais, foi internacional sub20 coa selección Vinotinto.

Agora, Riki Mangana regresa a Galicia e ao Compos coa ilusión de volver demostrar o seu nivel e axudar ao equipo a lograr o ascenso. Despois de asinar o seu novo contrato e superar as pertinentes probas médicas, súmase aos adestramentos do primeiro equipo para estar a disposición do corpo técnico dirixido por Secho.

Benvido de volta, Riki.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

60 minutes ago

SD Compostela
🤝 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐 🩵🤍O novo centro de Rúa dos Feáns patrocina o partidazo desta tarde no Vero BoquetePolas súas instalacións pasaron esta semana Damián Noya e David Rosón, coñecendo os seus servizos 😃🙌 Moitas grazas polo voso apoio! 🫂#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Os tres puntos teñen que quedar na casa!🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos para recuperar a senda da vitoria! #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Alondras C.F. 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá, ás 18:00 horas, no Vero Boquete👉 Entra Lucas, da Canteira Picheleira #composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.