O Compos cede en A Grela ante o Silva

23 de Febreiro de 2026
Unai pelexa por un balón en A Grela.
Aarón Martínez debutó como titular en Liga con el Compos.
Armental tivo unha das mellores ocasións do Compos no partido.
Álex Cobo despexando un balón de puños.
Cañi foi o autor do gol do Compos en A Grela.
Antón Guisande probando un remate de cabeza nun dos innumerables centros á área do Compos.
David Rosón entrou na segunda metade con un Compos máis ofensivo que buscaba a vitoria en A Grela.
Riki Mangana, fichado esta semana, debutou como titular co Compos.
  • Os nosos perderon 2-1 en A Grela tras conseguir igualar a contenda co tanto de Cañi

A Coruña, 22 de febreiro de 2026

O Compos perdeu 2-1 na súa visita ao campo de A Grela e segue sen conseguir encadear vitorias nesta segunda volta. Os nosos caeron no seu enfrontamento contra o Silva, nun partido que comezou da peor maneira, que conseguiron igualar, pero no que volveron encaixar tras lograr o máis difícil.

Nun campo como A Grela, de dimensións reducidas, as xogadas de estratexia xogan un papel crucial e os locais souberon aproveitalo no comezo do duelo. Un saque de banda, rexeitado pola defensa, foi cazado no pico da área por Hugo Baldomar e o seu disparo, tras pegar nun dos nosos, envelenouse cara á rede.

Con falta de espazos, ao Compos custoulle, aínda que tivo a súa, pasada a media hora, nunha boa acción elaborada, pero Armental, cando ía tirar, foi cargado por un defensa, evitando o seu disparo. Ademais, o colexio tampouco sinalou infracción. Así, chegouse ao descanso con vantaxe local, 1-0.

Na segunda parte, os nosos saíron cun impulso diferente, conscientes da importancia de mover rápido a pelota e aí apareceron os espazos. O Compos xogaba en campo contrario e atopou o premio, tamén, nun saque de banda, no que Diego Uzal foi trabado por un defensa, penalti. Cañi encargouse de executalo e marcalo, 1-1.

Logrando o máis difícil, o Compos foise a polo triunfo e tívoo de novo nas botas de Cañi, pero o seu disparo desde dentro da área, co porteiro superado, sacouno baixo paus un defensa.

Con todo, o Silva, que levaba minutos sen saír de campo propio, puido despregarse nunha contra, tras unha posible falta, que acabou en córner. E desde a esquina, Rodri Alonso adiantouse a todos, marcando o 2-1 no primeiro pau.

De aí ao final, foi un querer e non poder. Con constantes centros á área que foron rexeitados polo porteiro ou que se marcharon fóra por moi pouco. Polo tanto, o resultado xa non se moveu e o Compos non puido sumar puntos en A Grela, nun duelo no que se estreou, e como titular, Riki Mangana.

Tras esta derrota, o Compos buscará resarcirse este próximo sábado, na xornada aprazada polo mal tempo, contra o Cambados. O partido disputarase ás 17:00 horas en Burgáns.

FICHA TÉCNICA

SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Diego Rodríguez (David Rosón, min.58), Riki Mangana, Pablo Crespo, Aarón Martínez (Charly, min.58); Deiego Uzal, Unai; Armental (Samu, min.72), Antón Guisande, Cañi; e Maceira.

SILVA SD: Bugy; Álvaro Rey, Bili, Nico Rosas, Seydi, Parafita; Carletto, Hugo Baldomar (Coba, min.72), Carro (Montero, min.63); Iago (Adri Vázquez, min.90+1) e João Paulo (Rodri Alonso, min.63).

GOLES: 1-0: Hugo Baldomar, min.7; 1-1: Cañi (p.), min.69; 2-1: Rodri Alonso, min.76.

ÁRBITRO: Adrián Estévez (Ourense). Amoestou a Nico Rosas e Parafita, polo Silva; e a Secho e Bruno (ambos no banco), polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal de A Grela (A Coruña). Xornada 22 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante medio milleiro de espectadores. Gran presenza de afeccionados da SD Compostela nas bancadas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.