O Compos saca un empate en Cambados na xornada aprazada

2 de Marzo de 2026
Álex Cobo volveu deixar a portería a cero, o que lle permitiu aos nosos sumar un empate.
Os nosos estiveron acompañados por un nutrido grupo de afeccionados de Santiago.
Riki Mangana volveu xogar de titular.
Parapar foi dos máis incisivos no ataque do Compos.
Armental loita por un balón contra un rival.
Samu entrou na segunda metade.
  • Os nosos non puideron marcar na súa visita a Burgáns, pero conseguiron un empate

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2026

A SD Compostela sumou un empate en Cambados na xornada aprazada no seu día. Os nosos non puideron pasar da igualada, tralo 0-0 final. Con este punto, os nosos aumentan a súa vantaxe no liderado ata os 3 puntos.

Os nosos puxéronse ao día na competición e fixérono cun partido moi igualado en Burgáns. As defensas dominaron sobre os ataques e o resultado non se moveu. Álex Cobo sacou unha gran man na primeira parte, para evitar o gol local. Mentres que a máis clara para os nosos estivo nas botas de Antón Guisande, pero o seu centro desde liña de fondo, tras tocar nun rival, escapouse por moi pouco.

Ademais, cabe destacar tamén o debut co primeiro equipo de Lucas Besada, xogador do filial da Canteira Picheleira, quen entrou na recta final do duelo.

Con este empate, os nosos alcanzan os 46 puntos e aumentan a súa renda no alto da táboa ata os tres puntos. Vantaxe que o Compos tentará aumentar a próxima semana, de novo fóra de casa, contra o Lugo B.

FICHA TÉCNICA

0 – CJ CAMBADOS: Conde; Brais Parada, Rodri, Alberto Lago (Álex Fer, min.83), Tavares, Deco; Gonzalo (Dieguito, min.75), Piñeiro, Anxo (Seydou, min.92), Iglesias; e Tiko.

0 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Diego Uzal, Pablo Crespo, Riki Mangana (Aarón Martínez, min.45); Unai Peón, Rosón (Cañi, min.63); Parapar (Lucas Besada, min.86), Antón Guisande, Armental (Charly, min.63); e Maceira (Samu, min.45).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: David Táboas (Vigo). Amarelas a Brais e Deco, polo Cambados; e a Diego Uzal e Pablo Crespo, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal de Burgáns (Cambados). Xornada 20 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF, aprazada no seu día polas condicións meteorolóxicas. Gran presenza de afeccionados desprazados desde Santiago de Compostela.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.