O Compos consegue a vitoria en casa para seguir vivo

1 de Maio de 2026
Parapar marcou o gol decisivo do Compos nos minutos finais.
Os nosos celebraron a vitoria na casa tras varias xornadas sen conseguilo.
Unai Peón xogou no centro do campo e tamén como lateral.
Charly marcou o primeiro gol do partido.
O triunfo do Compos permítelle seguir vivo na última xornada.
Álex Cobo estivo de novo moi seguro, con algunha parada de moito mérito.
Lucas Besada, xogador da Canteira Picheleira, volveu contar con minutos no Vero Boquete.
  • O Compos superou por 2-1 ao Estradense e chegarán con opcións á última xornada

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2026

O Compos consegue a vitoria na casa, 2-1, para seguir con opcións na última xornada de liga. Os nosos superaron ao Estradense, con goles de Charly e Parapar, e sumaron os tres puntos que necesitaban para poder pelexar o ascenso ata o final.

Saía o Compos ao Vero Boquete coa misión de gañar e meter presión sobre o seu rival directo. Co triunfo entre cella e cella, os nosos saíron concienciados da misión contra un rival sen nada que perder e que tentou dominar coa pelota.

Tras media hora sen ocasións, o partido rompeuse tras unha detención de máis de dez minutos pola grave lesión de Landeira. Unha vez reiniciado o choque, Parapar avisou co lanzamento directo da falta coa que volveu correr o reloxo. E tres máis tarde, chegou o primeiro gol da mañá. Tras unha xogada con moitos rebotes, a pelota caeulle a Charly, na área, que disparou de zurda para superar por abaixo a Pablo Brea. O seu segundo gol da tempada e 1-0.

Con todo, reaccionaron rápido os visitantes, cinco máis tarde, grazas a un bo tanto de Edu, quen disparou cruzado facendo imposible a estirada de Álex Cobo.

E volveu golpear o Compos, nada máis arrincar de centro, pero esta vez a pelota non acabou na rede. Centrou Armental, tocouna Charly coa zurda, pero co porteiro superado, o esférico golpeou no traveseiro. Por iso, chegouse ao intermedio coa igualada.

Á volta dos vestiarios, os nosos saíron cunha marcha máis, quizais por ese impulso dos minutos finais da primeira parte e comezaron a chegar as oportunidades. Primeiro probouno Samu, pero sacou o porteiro; logo foi Parapar o que non chegou por moi pouco, en boca de gol, ao centro de Maceira, e despois sería o propio dianteiro, que entrou desde o banco, o que rozou o tanto cun disparo cruzado.

Non entraban as ocasións e os nervios parecían percibirse no campo, pero de tanto insistir, acabou chegando o gol, no 82. Nun balón longo, peiteou Maceira, correu con fe Parapar, regateou ao porteiro e marcou a portería baleira para levar o delirio á bancada. Sétimo gol e 2-1.

Quedaban dez minutos, pero o Compos defendeu con orde e pechou o partido coa necesaria vitoria. Tres puntos vitais para poder seguir na pelexa e chegar á xornada final con opcións.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (David Rosón, min.65), Diego Ouzal, Pablo Crespo, Damián Noya; Samu (Aarón Martínez, min.53), Unai, Goris (Maceira, min.53); Parapar, Armental (Lucas, min.88) e Charly (Cañi, min.65).

1 – CD ESTRADENSE: Pablo Brea; Ángel, Caraban, Landeira (Ander, min.30), Pichi; Miguel (Óscar, min.80), Brais Vidal; Gerard (Hugo Padín, min.68), Raúl (Mella, min.68), Pedrosa; y Edu (Ian, min.80).

GOLES: 1-0: Charly, min.33; 1-1: Edu, min.38; 2-1: Parapar, min.82.

ÁRBITRO: Manuel Casanova (Ourense). Amoestou a Valín, Pablo Crespo e Álex Cobo, polo Compos; e a Pedrosa, Landeira e Miguel, polo Estradense.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 33 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.860 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.