O Compos arrinca o play off cun empate en Vilalba

18 de Maio de 2026
O Compos estivo acompañado pola súa afección en Vilalba.
Charly xogou de inicio e tivo dúas moi boas opcións na primeira metade.
Cañi foi titular na ida do play off.
Diego Uzal, marchando dun rival.
Samu, de novo no centro do campo, liderando un dos ataques do Compos en VIlalba.
Quico volveu ser titular e estivo imperial en defensa.
Parapar foi un dos mellores do partido para o Compos en Vilalba.
Antón Guisande, buscando encarar a un rival no partido.
  • Os nosos levaron o peso do partido e tiveron as mellores ocasións en Vilalba, pero non conseguiron marcar

Vilalba, 16 de maio de 2026

O Compos arrincou o play off cun empate en Vilalba: 0-0. Os nosos tiveron o dominio e as mellores ocasións do partido, pero non conseguiron aproveitar as súas ocasións. A próxima fin de semana decidirase todo na volta no Vero Boquete.

O partido en Vilalba estivo dominado por un Compos que quixo levar o peso do encontro ante un rival repregado. Comezou mellor, con ritmo, e puido adiantarse nunha boa opción de Charly, aínda que o dianteiro non conseguiu embocar. E tamén tivo unha gran opción Parapar, un dos mellores do partido, pero Santomé sacou unha gran man.

Pola súa banda, Álex Cobo tivo que esforzarse para despexar un disparo afastado, na única ocasión do partido para os locais. E é que a defensa do Compos estivo moi sólida durante os 90 minutos, sen conceder perigo ao cadro chairego.

Xa na segunda, ao Compos custoulle ante as continuas interrupcións do xogo. Aínda así, conseguiu, sobre todo na recta final, achegarse á meta rival. Probárono Charly, Antón Guisande e Maceira, aínda que todos eles mandaron os seus disparos altos, antes da mellor ocasión do partido. Xa no desconto, e tras un córner, Maceira conectou un testarazo que se estrelou no traveseiro, cando o porteiro xa estaba batido.

Por iso, 0-0 final e todo queda por decidir para a volta no Vero Boquete. Co apoio da afección, os nosos loitarán para pasar á final autonómica do play off.

FICHA TÉCNICA

0 – VILALBÉS: Santomé; Diego López, Vérez, Santi Prado, Javi Varela, Make (Gael, min.88), David García, Sergio Otero (Herrero, min.62), José Varela, Pablo Trigo (Javi Rey, min.88) e Anthony (Borja Míguez, min.62).

0 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Quico, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu; Parapar, Antón Guisande (Aarón Martínez, min.88), Cañi (Armental, min.70); e Charly (Maceira, min.70).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: Luis Miguel Díaz (Madrid). Amoestou a Make, polo Vilalbés; e a Diego Uzal, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal da Magdalena (Vilalba). Partido de ida das semifinais do play off autonómico con 1.200 espectadores. Unha vez máis, importante presenza de afeccionados compostelanistas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAALDeportivo Alavés B 1️⃣-1️⃣ COMPOSValioso punto dos nosos nun campo tremendamente complicado🤯🖐️Edu Sousa foi clave parando un penalti co partido 1-1 no treito final🔜🩵🤍 A vindeira semana agardamos por todos vós para recibir ao Bergantiños #minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS 11👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🐈, Iago DomínguezMoitos parabéns, Iago!! 🩵🤍Que o poidamos celebrar cunha +3⃣ esta mañá en Vitoria! 📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Deportivo Alavés B🏟️ Ibaia 3🕛 12:00 horas🎟️ 10€❌📺 🙌 A recuperar a senda do triunfo en Vitoria!📸 @nacho_castano_#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B👉 Os nosos para o encontro de mañá ás 12:00 horas en Vitoria! Regresan á convocatoria tralas súas lesións Ces Cotos e Armental#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.